miércoles, 20 de febrero de 2013

RECOÑECEMENTO DA EXPERIENCIA PROFESIONAL NAS ESPECIALIDADES DE SOCORRISMO E INFORMACIÓN XUVENIL

Do 1 ó 30 de marzo está aberto o prazo para o procedemento de recoñecemento da experiencia profesional nas seguintes especialidades:


- INFORMACIÓN XUVENIL: 100 prazas
- SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS: 200 prazas
- SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS: 200 prazas
PRINCIPAIS REQUISITOS:

-Posuír nacionalidade española.

- Ter 18 anos cumpridos para as unidades de competencia de nivel I e 20 para os niveis II y III.

- Ter experiencia laboral ou formación:
* Mínimo 3 anos, con 2.000 horas traballadas nos últimos 10 anos para as unidades de nivel 2 e 3.
* No caso de formación non formal: xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos nas unidades de nivel 2 e 3.

- Non estar matriculados ou cursando simultaneamente un curso de formación profesional inicial ou para o emprego conducente á acreditación das unidades de competencia en que soliciten a súa inscrición.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

- Vida laboral.
- Contratos de traballo ou certificado de empresa onde se indiquen as funcións desenvolvidas.
- Cursos de formación relacionados coa materia.

Para máis información e inscricións contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local, con oficina sita na Casa da Cultura.


No hay comentarios: