Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a
contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun EDUCADOR
FAMILIAR, a media xornada, cunha duracion de seis meses, con adscrición ao departamento de servizos
sociais do concello de O Vicedo.
Requisitos:
- Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da
Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público,
respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
- Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
- Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións:
graduado/diplomado en educación social ou traballo social, licenciado en
psicoloxía, pedagoxía e psicopedagoxía.
No caso de titulacións obtidas no extranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidelmente a súa homologación.
-Declaración xurada do aspirante de non haber
traballado para este Concello máis de 18 meses dentro dos últimos 30
meses inmediatamente anteriores, de ser o caso, á data de inicio do
contrato, sin ter en conta para o cómputo anterior o tempo transcurrido
entre o 31 de agosto de 2011 e o 31 de decembro do 2012. Non se terán en
conta os contratos formativos, de relevo e interinidade, a os contratos
temporais celebrados no marco de programas públicos de
emprego-formación, así como os contratos temporais que sexan utilizados
por empresas de inserción debidamente rexistradas e o obxecto de ditos
contratos sexa considerado como parte esencial dun itinerario de
inserción personalizado.
O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata as 15:00 horas do
día 31 de outubro de 2014, realizándose a proba de selección o día 7 de novembro de 2014, a
partir das 10:00 horas na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións: pasar pola oficina de técnico de emprego, Manuela Domínguez, sita na Casa da Cultura, ou chamar ao 982590195.
No hay comentarios:
Publicar un comentario