A axuda está destinada a país,
nais e titoresou as persoas que teñan en situación de acollemento familiar ou garda
preadoptiva para nenos e nenas menores de 12 anos, residentes na Comunidade
Autónoma de Galicia, cuxa renda da unidade familiar non supere os 45.000 Euros
ou os 13.500 Euros per cápita na declaración do IRPF do ano 2017.
Esta axuda consistirá nunha achega
para contribuir ao pagamento dos servizos de atención á infancia a domicilio
e/ou de servizos de conciliación autorizados pola Consellería de Política
Social para atender necesidades puntuais, ludotecas, espazosinfantísouservizos
complementarios de atención primaria.
As solicitudes presentaranse
preferiblemente por vía electrónica. E o prazo de presentación das mesmas comezará
a partir do día seguinteao da publicación destaOrde no D.O.G., 8 de marzo, e
finalizará o día 31 de agosto de 2019.
No hay comentarios:
Publicar un comentario