Data inicio de
solicitude: 04/10/2022 a partires das 13:00 horas. Obrigatorio presentación
electrónica.
Data remate de
solicitude: 04/11/2022, ou ata o esgotamento do crédito (as axudas vanse
resolvendo por orde de entrada)
Obxecto
Esta resolución ten por obxecto publicar as bases e convocar as subvencións
Xempre Emprendemento para as persoas
traballadoras autónomas e as pequenas e medianas empresas, incluídas as
cooperativas e sociedades laborais, que estean de alta e iniciasen a
súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2020 no ámbito da
Comunidade Autónoma de Galicia.
A finalidade é facilitar as iniciativas de emprendemento, contribuíndo ao
incremento da súa actividade económica, a súa competitividade e, en definitiva,
manter os empregos de calidade, a través do apoio ao financiamento do investimento
realizado e pagado entre o 1 de xaneiro de 2022 ata a data da presentación da
solicitude.
Características da
axuda
Serán subvencionables os investimentos que correspondan de xeito
indubidable ao proxecto empresarial que iniciou a súa actividade económica
desde o 1 de xaneiro de 2020. En concreto:
1º. Equipamento informático.
2º. Activos intanxibles: activos que no teñen unha materialización física
ou financeira.
3º. Investimentos en eficiencia enerxética.
4º. Adquisición de bens de equipamento e mobiliario.
5º. Reforma e habilitación das instalacións do local de negocio.
6º. A adquisición de activos pertencentes a un establecemento ou de bens de
equipamento de segunda man (atendendo aos requisitos establecidos na orde que
regula a convocatoria).
A contía da axuda terá
as seguintes porcentaxes de intensidade en función do rango de investimento
total realizado:
a) Con investimentos de 5.000 € ou máis ata un límite de 10.000 €, a contía
da axuda será do 60 % do investimento.
b) Con investimentos de 10.001 € ou máis ata un límite de 30.000 €, a
contía da axuda será do 50 % do investimento.
c) Con investimentos de 30.001 € ou máis ata un límite de 50.000 €, a
contía da axuda será do 40 % do investimento.
d) Con investimentos de 50.001 € ou máis ata un límite de 100.000 €, a
contía da axuda será do 30 % do investimento.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas traballadoras autónomas
e as pequenas e medianas empresas e as sociedades cooperativas e laborais que
estean de alta e iniciasen a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de
2020.
As persoas interesadas deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Ter o domicilio fiscal en Galicia.
b) Figurar inscritas como tales nos correspondentes rexistros
administrativos da Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Ter presentado, de ser o caso, as contas anuais do último ano no
Rexistro Mercantil ou no Rexistro de Cooperativas, segundo corresponda á súa
forma xurídica.
d) Ter iniciada a súa actividade económica no período que transcorre entre
o 1 de xaneiro de 2020 ata a data de presentación da solicitude.
e) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as
condicións da axuda.
f) Estar ao día no pagamento das súas obrigas tributarias e da Seguridade
Social para obter subvencións.
g) Non teren sido sancionadas mediante resolución firme coa perda da
posibilidade de obter subvencións.
Principais obrigas:
-Manter a forma xurídica polo menos dous anos
desde a data da resolución de concesión da axuda.
-Manter os bens subvencionables polo menos 5
anos si son bens inscribibles nun rexistro e 3 anos no resto dos casos.
Máis información: contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo ou pinchar no seguinte enlace https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220930/AnuncioG0656-270922-0004_es.pdf
No hay comentarios:
Publicar un comentario