jueves, 22 de agosto de 2024

Resolucións formalización contratos de traballo, como persoal laboral fixo e nomeamento como funcionario de carreira de dúas prazas de auxiliar administrativo, convocadas polo sistema de concurso, dentro dos procesos de estabilización de emprego

Publicadas no BOP de Lugo de hoxe día 22 de agosto de 2024,  as seguintes resolucións: para a formalización de contrato de traballo, como persoal laboral fixo,  da praza de auxiliar administrativo de servizos sociais (75% xornada); e o nomeamento como funcionaria de carreira da praza de auxiliar administrativo de secretaría. Ambas prazas convocadas polo sistema de concurso nos procesos de estabilización do emprego temporal do Concello do Vicedo para o ano 2022. Pode consultarse: no BOP de Lugo,  no taboleiro de anuncios do Concello do Vicedo e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello do Vicedo no seguintes enlaces: https://deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/Documentos/bop_194_22082024.pdf

https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

Listas admitidos e excluídos provisional das prazas de: técnico de educación infantil (2 prazas) e traballadora social, convocadas no proceso de estabilización do emprego temporal, polo sistema de concurso.

Publicadas no BOP de Lugo do día 22 de agosto de 2024,  as listas de admitidos e excluídos provisionais dos procesos de estabilización do emprego temporal, das seguintes prazas, convocadas tanto polo sistema de concurso:

- DÚAS PRAZAS DE TÉCNICO DE EDUCACIÓN INFANTIL, COMO PERSOAL LABORAL FIXO

- TRABALLADORA SOCIAL, COMO PERSOAL LABORAL FIXO.

Poden consultarse: no BOP de Lugo,  no taboleiro de anuncios do Concello do Vicedo e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello do Vicedo no seguinte enlace: https://deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/Documentos/bop_194_22082024.pdf

https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

O prazo para alegacións e enmendas é de 10 días hábiles, a contar desde o día siguiente a publicación no BOP.

miércoles, 7 de agosto de 2024

Oferta emprego: auxiliar administrativo a xornada parcial (30 horas/semana)

Publicadas no taboleiro de edictos e na sede electrónica do Concello do Vicedo, as bases para a selección dun/dunha auxiliar administrativo, a xornada parcial (30 horas/semana), para desempeñar as funcións da secretaría do xulgado de paz do Vicedo e outras que lle sexan encomendadas dentro da súa categoría laboral.

O prazo de solicitude comenzará o día 8 de agosto e finaliza o día 14 de agosto de 2024. A proba de selección terá lugar o día 16 de agosto, ás 9:30 horas, na Casa Consistorial.

Para máis información ou consulta das bases contactar no teléfono 982590029, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/