jueves, 31 de octubre de 2024

Publicación no BOP das bases para a selección dun auxiliar administrativo/-a, como funcionario interino, dentro do programa Reforzo do Emprego do Plan Deputación de Cooperación cos concellos 2024

 No BOP de Lugo do día 31/10/2024 publícanse as bases para o nomeamento como funcionario interino dun AUXILIAR ADMINISTRATIVO/-A, pertencente á escala de Administración Xeral, dentro do programa reforzo do emprego do plan Deputación de Cooperación cos concellos 2024, financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

O prazo de solicitude é de 8 días naturais a contar a partir do día seguinte ao da publicación: polo tanto queda aberto desde o día 1 de novembro de 2024 ata o día 8 de novembro de 2024.


Para máis información ou consulta das bases contactar no teléfono do concello do Vicedo, 982590029, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

martes, 29 de octubre de 2024

Publicadas as actas de selección do proceso de estabilización para as prazas de: técnico de educación infantil (2) e traballlador/a social.

 

Publicadas na sede electrónico do concello do Vicedo e no taboleiro de edictos, as actas de selección dos procesos de estabilización das seguintes prazas, convocadas polo sistema de concurso:


- TÉCNICO DE EDUCACIÓN INFANTIL (2 PRAZAS).

- TRABALLADOR/A SOCIAL


Máis información: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board