viernes, 29 de noviembre de 2013

AXUDAS CONTRATOS DE FORMACIÓN

Esta orde da Consellería de Traballo e Benestar ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá ( no ámbito da C. A. de Galicia), a convocatoria pública das subvencións para o financiamento da formación asociada aos  contratos de formación e aprendizaxe regulados polo R.D 1529/2012 , do 8 de novembro, que exceda o 25%  da xornada laboral.


ENTIDADES BENEFICIARIAS.
      
Poderán ser entidades beneficiarias as empresas que contratasen traballadores baixo a modalidade do contrato para a formación e a aprendizaje durante o ano 2013 , cunha dedicación ao tempo de formación que exceda o 25% da xornada laboral efectiva do traballador.


REQUISITOS DA CONTRATACIÓN.

A) O contrato para a formación e aprendizaxe deberá celebrarse con traballadores mayores de 16 anos e menores de 30 anos, que carezan de cualificación profesional obtida e recoñecida polo sistema de formación profesional para o emprego ou do sistema educativo requerida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou ocupación obxecto do contrato.

 B) A duración mínima do contrato será dun ano e a máxima de tres.

DETERMINACIÓN DAS SUBVENCIÓNS PARA A ACCIÓN FORMATIVA.

O importe da subvención concretarase no producto das horas de formación que excedan o 25 % da xornada laboral asociadas aos contratos de formación e aprendizaxe polo número de persoas traballadoras contratadas e polo importe do módulo económico . Este importe será de oito euros para a modalidade de formación presencial e de cinco euros para a teleinformación.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: ata o 29 de decembro de 2013

No hay comentarios: