Requisitos:
- Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da
Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público,
respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
- Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
- Estar en posesión do carné de conducir tipo C, e de ser o caso, certificado de aptitude profesional (CAP).
- Estar en posesión da titulación de Estudios Primarios ou Certificado de Escolaridade.
No caso de titulacións obtidas no extranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidelmente a súa homologación.
-Declaración xurada do aspirante de non haber traballado para este
Concello máis de 18 meses dentro dos últimos 30 meses inmediatamente
anteriores, de ser o caso, á data de inicio do contrato, sin ter en
conta para o cómputo anterior o tempo transcurrido entre o 31 de agosto
de 2011 e o 31 de decembro do 2012. Non se terán en conta os contratos
formativos, de relevo e interinidade, a os contratos temporais
celebrados no marco de programas públicos de emprego-formación, así como
os contratos temporais que sexan utilizados por empresas de inserción
debidamente rexistradas e o obxecto de ditos contratos sexa considerado
como parte esencial dun itinerario de inserción personalizado.
O prazo de solicitude está aberto ata o día 20 de novembro ás 9:30, sendo
as probas de seleccción ese mesmo día a partir das 10:00 h. na Casa consistorial.
Para máis información e inscricións contactar coa Axente de emprego e
desenvolvemento local, con oficina sita na Casa da Cultura, ou chamando ó
982590195
No hay comentarios:
Publicar un comentario