miércoles, 7 de octubre de 2015

OFERTA DE EMPREGO SEAGA


Ata o próximo día 31 de outubro está aberto o prazo para actualización de méritos e novas inscricións nas listas de contratación da empresa pública SEAGA, que actualmente contrata persoal para as brigadas de extinción de incendios forestais durante o verán. Os requisitos varían según as categorías e a documentación a presentar sería, con carácter xeral:


- Fotocopia cotexada do DNI

- Fotocopia cotexada do título esixido para cada categoría.

- Declaración de non ter sido separado mediante expediente disciplinario da prestación de servizos para a empresa SEAGA.

- Certificado médico (un por categoría).

- Fotocopia cotexada do carné de conducir si é o caso.

- Documentación acreditativa dos méritos.

- Fotocopia cotexada da acreditación do coñecemento da lingua galega.

- Vida laboral actualizada.

- Certificado de empadroamento.

- Si é o caso, copia cotexada da acreditación da minusvalía.



Os interesados en participar na campaña do próximo ano deberían facer a inscripción ahora.

Para máis información e inscricións: axente de emprego e desenvolvemento local, Dña. Manuela Domínguez Bermúdez, con oficina sita na casa de cultura. Ou a través da páxina web da empresa seaga: http://www.epseaga.com (apartado ofertas de emprego)

No hay comentarios: