¿EN QUE CONSISTEN AS AXUDAS DO REFORMA 15?
Son axudas do IGAPE a particulares para a compra de materiais ou
mobiliario de cociña e/ou baño, para a reforma do seu fogar en Galicia,
que ademais se complementarán con un desconto do propio establecemento
de venta de Galicia que se adhira a esta convocatoria.
As axudas solicítanse directamente nun establecemento
adherido, entre o 6 de outubro e o 16 de novembro de 2015 (ou ata agotar
o crédito dispoñible). Consulte aquí os establecementos adheridos.
A compra mínima é de 1.000 euros (sen impostos) e pódense comprar:
materiais de construción e para rehabilitación de cociñas e baños
(azulexos, baldosas, ...) ou pezas de mobiliario de cociña ou baño,
quedando excluídos os electrodomésticos e as obras.
A compra máxima subvencionable é de 5.000 euros (sen impostos) en unha ou varias veces.
A axuda do IGAPE é dun 20% do importe de compra calculado antes de
impostos (co límite de 1.000 €). Adicionalmente a tenda que colabora no
programa realiza un desconto do mesmo importe.
Pode pedilas calquera persoa maior de idade que acredite a súa
vinculación con un domicilio en Galicia (propietario ou inquilino). Só
unha persoa por domicilio, é só un domicilio por persoa solicitante da
axuda.
Máis información:
http://www.igape.es/gl/ser-mais-competitivo/reforma15
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario