viernes, 17 de junio de 2016

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal,  e con carácter de urxencia, mediante concurso-oposición, dun AUXILIAR ADMINISTRATIVO, con adscrición á organización do curso de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, a xornada parcial (3 horas/diarias). A data de inicio prevista é o día 04  de xullo de 2016 e a de fin 17 de novembro de 2016.

O prazo de inscrición remata o vindeiro día 22 de xuño, ás 15:00 horas. A selección realizarase o día 23 de xuño de 2016, a partir das 10:30 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

No hay comentarios: