miércoles, 1 de junio de 2016

PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL CON SUBVENCIÓNS A CONTRATACIÓN DE DESEMPREGADOS/-AS EMPADROADOS NESTE CONCELLO




PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL DO CONCELLO DO VICEDO

OBXECTO:
Fomentar a inserción laboral de persoas inscritas no Servizo Público de Emprego e empadroadas cunha antigüidade mínima de 12 meses no concello do Vicedo.

DIRIXIDO A :
Empresas calquera que sexa a súa forma xurídica, asociacións…. que contraten, por un período mínimo de catro meses, a persoas que cumpran entre outros os seguintes requisitos:
- Estar inscritas no Servizo Público de Emprego
- Empadroadas no concello do Vicedo cunha antigüidade mínima de 12 meses a data de solicitude.

CUANTÍA DAS AXUDAS:
Ata 3.000 euros.
TIPO DE CONTRATACIÓN
HOMES
1º ANO
2º ANO
3º ANO
TOTAL
INDEFINIDA
800
800
800
2.400
TEMPORAL
500
500
500
1.500

TIPO DE CONTRATACIÓN
MULLERES
1º ANO
2º ANO
3º ANO
TOTAL
INDEFINIDA
1000
1000
1000
3000
TEMPORAL
600
600
600
1.800

Para contratacións inferiores a 12 meses ou con xornada inferior á completa, as axudas reduciranse proporcionalmente.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
No prazo dun mes desde a data de alta na Seguridade Social da persoa contratada.
As solicitudes irán resolvéndose por orde de entrada ata o esgotamento do crédito.


PÓDENSE CONSULTAR AS BASES NO SEGUINTE ENLACE:
https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.5 


No hay comentarios: