martes, 28 de noviembre de 2017

XORNADA PRESENTACION EDLP E BOAS PRÁCTICAS


As xornadas "Mares de Oportunidades" teñen un triple obxectivo:
  • Presentación da EDLP (Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa) así como as distintas liñas de axudas existentes no GALP A Mariña-Ortegal, destacando as principais características da Estratexia.
  • Presentar exemplos de boas prácticas no noso territorio e doutros territorios en proxectos de desenvolvemento territorial do medio costeiro dentro dos diferentes obxectivos estratéxicos, co fin de poder aprender deles e poder implantalos no noso territorio. Entre esos exemplos, farese unha pequena presentación do proxecto: "O Vicedo historia e cultura mariñeira".
  • Creación de redes de colaboración, tanto dentro do noso territorio como entre os distintos GALP. Converter as xornadas nun punto de networking e de intercambio de ideas a partir das cales os posibles promotores poidan coñecerse e ter a capacidade de xerar novos proxectos.
Para máis información pinche no seguinte enlace:

http://www.maresdeoportunidades.com/

No hay comentarios: