jueves, 4 de mayo de 2017

CONCELLO DO VICEDO. PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL

OBXECTO: AXUDAS Á CONTRATACIÓN LABORAL DE PERSOAS EMPADROADAS EN O VICEDO

BENEFICIARIOS: SOCIEDADES EMPRESARIAIS, AUTÓNOMOS, UTES, COMUNIDADES DE BENS, ASOCIACIÓNS E FUNDACIÓNS.

REQUISITOS:

-      Dos traballadores contratados:
X Figurar empadroadas no Concello de O Vicedo como mínimo 12 meses antes da solicitude, e deberá manter ese empadroamento durante a vixencia da subvención.
X  Estar inscritas no Servico Público de Emprego como demandantes de emprego ou como demandantes de mellora de emprego.
X Ter máis de 16 anos.
X Non ter abandonado voluntariamente nin ser despedido procedentemente dun posto de traballo subvencionado ao abeiro do PEM nos últimos 24 meses anteriores (excluíndo causas de mellora de emprego)

-      Das empresas beneficiarias:
X Contratar unha o varias persoas que cumpran os requisitos requeridos.
X Contrato mínimo inicial de catro meses.
X Non prestar servizos ao Concello de O Vicedo a través da modalidade contractual de xestión o prestación de servizos recollidas na legislación de contratos.
X Os contratos por obra, ademáis de cumplir o mínimo de catro meses, deben sinalar unha data concreta de finalización.
X Non ter realizado despedimentos improcedentes ou nulos nos seis meses anteriores á solicitude.
X Non ter despedido á mesma persoa para acollerse ao PEM.
X Non ter contratada á mesma persoa ao abeiro do PEM nos últimos 24 meses.
X Non ter esgotado os anos de subvención  do PEM para a mesma persoa.
X Non ter esgotado os anos de subvención do PEM por unha persoa e a substitúa para solicitar unha nova contratación sen manter con carácter fixo o posto de emprego anteriormente subvencionado.
X Non ter contratada á mesma persoa pola que se solicita a subvención durante un período superior a tres anos.
X Estar ao corrente das obrigas tributarias coa Facenda Estatal, Autonómica, Concello de O Vicedo e Seguridade Social.
X Non estar incurso en prohibición para obter a condición de beneficiario.
X Comunicar a concesión de calquera subvención ou axuda para a mesma finalidade.

IMPORTE MÁXIMO DA SUBVENCIÓN: período máximo de tres anos.


CONTRATACIÓNS INDEFINIDAS

CONTRATACIÓNS
TEMPORAIS
HOMES
2.400 € (800 €/año)
1.500 € (500 €/año)
MULLERES
3.000 € (1.000 €/año)
1.800 € (600 €/año)

* Contratacións inferiores a 12 meses ou xornadas parciais: calcularase a parte proporcional.

PRAZO DE SOLICITUDE:

Durante todo o ano mentres non se esgote o crédito orzamentario,  e sempre no prazo dun mes contado desde a data de alta do traballador na Seguridade Social por parte da empresa solicitante.

MÁIS INFORMACIÓN E SOLICITUDES: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello de O Vicedo.

No hay comentarios: