martes, 16 de mayo de 2017

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello os bases de selección para a contratación, mediante oposición, de 3 PEÓNS DE PROTECCIÓN DO AMBIENTE E ESPACIOS NATURAIS, a xornada completa, sendo a data de inicio o 12 de xuño e a de término o 11 de setembro de 2017.

Algúns dos requisitos que deben cumprir os candidatos son:
- Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
- Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
- Estar en posesión do certificado de estudios primarios ou certificado de escolaridade.

O prazo de solicitude remata o próximo día 29 de maio, ás 15:00 horas. A proba de selección realizarase o día 31 de maio de 2017, ás 10:00 horas na Casa consistorial.
Máis información e inscricións: pasando pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

No hay comentarios: