Dende o Concello de O Vicedo estase a desenvolver o proxecto “Creación dunha Rede Turística de Calidade
para a Posta en Valor dos Produtos e Cultura do Mar”, subvencionado pola Fondo
Europeo Marítimo e de Pesca, Consellería do Mar, GALP A Mariña-Ortegal , ao
abeiro da Orde do 24 de maio de 2016 pola que se establecen as bases
reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias
de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción
local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca
no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as
correspondentes ao ano 2016.
Este proxecto contempla 7 xornadas
formativas enfocadas á creación de
redes e calidade turística, emprego de novas tecnoloxías, inglés e sesións de
turismo mariñeiro.
A primeira desas xornadas,terá lugaro vindeiro 21 de setembro no Centro sociocultural, xuvenil ou
da terceira idade (Casa da Cultura)sito na Rúa Cidade de Mondoñedo, 23,
ás 17:00horas. Será unha sesión de difusión e colaboración sobre a creación da Rede Turística de
Calidade e a Posta en Valor dos Productos e Cultura do Mardirixidas ao sector
turístico-pesqueiro.
As
seguintes sesións a celebrar no marco do proxecto son:
- Emprego de Novas Tecnoloxías para o sector turístico. Xoves 28 setembro. 17:00 – 19:30 horas.
- 1ª Formación Inglés para o sector turístico. Martes 03 outubro 17:00 – 19:30 horas.
- 2ª Formación Inglés para o sector turístico.Xoves 5. 17:00 – 19:30 horas
- 1ª Sesión Turismo Mariñeiro para o sector pesqueiro e marisqueiro. Luns 09 outubro. 17:00 – 19:30 horas
- 2ª Sesión Turismo Mariñeiro para o sector pesqueiro e marisqueiro. Martes 10. 17:00 – 19:30 horas
- Sesión Práctica Turismo Mariñeiro. Xoves 12.
No hay comentarios:
Publicar un comentario