Será subvencionable a instalación
de ascensores, elevadores, salvaescaleiras e demáis dispositivos de
accesibilidade en edificios de tipoloxía residencial colectiva, nas súas
vivendas dúplex e en vivendas unifamiliares que carezan deles. NON serán subvencionables as actuacións que se
iniciasen antes da data de presentación da solicitude.
Beneficiarios: comunidades de
persoas propietarias, persoas físicas propietarias únicas de edificios de
vivendas, persoas físicas propietarias dun duplex nun edificio de tipoloxía
residencial colectiva e persoas físicas propietarias dunha vivenda unifamiliar.
No caso dos duplex exixirasque os ingresos ponderados da unidade de convivencia
do beneficiario non superen 3,5 veces o IPREM.
Gastos subvencionables:
honorarios dos profesionais que intervenían, informes técnicos e certificados
necesarios, gastos derivados da tramitación administrativa e os custos en
equipamentos , materiais, obra civil e man de obra asociada á instalación . No
custo total das obras NON se incluirán os gastos derivados de impostor, taxas e
tributos.
Contía: varía en función do
número de vivendas en caso de edificios e da súa situación:
SITUACIÓN
|
TIPOLOXÍA
|
%SUBV.
|
IMPORTE MÁXIMO
|
Situadas en ámbitos históricos
e dos camiños de Santiago
|
Vivendas unifamiliares e dúplex
|
60
|
4.500 €
|
Edificios tipo residencial
colectiva con 8 ou menos vivendas
|
60
|
35.000 €
|
|
Edificios residencial colectiva
con máis de 8 vivendas
|
60
|
28.000 €
|
|
Non situadas en ámbitos
históricos e dos camiños de Santiago
|
Vivendas unifamiliares e dúplex
|
60
|
2.500 €
|
Edificios tipo residencial
colectiva con 8 ou menos vivendas
|
60
|
25.000 €
|
|
Edificios residencial colectiva
con máis de 8 vivendas
|
60
|
18.000 €
|
Solicitudes: presentación electrónica
para as comunidades de propietarios, persoas físicas en papel ou electrónica.
Prazo presentación de solicitudes:
rematará o 2 de novembro de 2017.
Destacar:
-
as solicitudes resolveránse por orde de entrada. - Nos edificios de tipoloxía residencial colectiva con anterioridade á presentación da solicitude haberá que ter o informe de avaliación de edificio subscrito por técnico competente.
Para máis información contactar coa Axente de emprego e
desenvolvemento local do concello ou pinchar no seguinte enlace: http://www.xunta.gal/diario-oficial
No hay comentarios:
Publicar un comentario