martes, 26 de septiembre de 2017

OFERTAS DEPUEMPREGO 2017

No BOP do 26/09/2017 publícase o anuncio da convocatoria para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun Peón de servizos múltiples e dun/dunha  Administrativo/-a, polo período dun ano, subvencionados ao abeiro do Plan provincial único de cooperación cos concellos 2017, "Programa Depuemprego 2017", da Excma. Deputación de Lugo.

O prazo de solicitude é de 10 días naturais a partir da publicación no BOP, polo tanto queda aberto desde o día 27/09/2017 ata o 6/10/2017.

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.  ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no + que está a dereita para ver tódolas publicacións e non só as más recentes , e buscar bases administrativo Depuemprego 2017 e bases peón de servizos múltiples Depuemprego 2017)

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Non se ven as bases das convocatorias por ningures

Anónimo dijo...

Hola. NO están publicadas las base y ya empezó a contar el plazo para la presentación de solicitudes.Que irresponsabilidad!

Anónimo dijo...

Bo día, eu tamén estou na mesma situación ca vos, e por iso lle remitín un correo electrónico á dirección de contacto deste blog solicitandolle información ou si me podería mandar copia da convocatoria. Poden ter algún problema co servidor...