viernes, 29 de septiembre de 2017

AXUDAS PARA CONTRATACIÓN DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO. PROGRAMA BEN EMPREGADO IV



A Deputación de Lugo abre o prazo das axudas para que empresas e colectivos da provincia contraten desempregado lucenses.

Estas axudas serán destinadas a pagar durante 1 ano os custos laborais de novos traballadores, que serán sempre desempregados lucenses.

Dirixidas a: Autónomos, pequenas e medianas empresas, e asociacións sen ánimo de lucro, todas elas da provincia de Lugo.

Prazo de solicitude: 15 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación no B.O.P. de Lugo, remataría o 9 de outubro.

Importe das axudas: a axuda será do 100% dos custos laborais cando os contratados sexan persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión laboral; do 90% para traballadores en xeral para colectivos sen ánimo de lucro e do 50% para empresas.
Exclúense ás empresas que contaran con axudas do Ben Empregado e non continuaran cos traballadores rematadas estas; as que non aceptaran ao persoal seleccionado sequera no período de proba, ou as que realizaran despedimentos improcedentes.

Obrigas dos beneficiarios: aceptar ao traballador asignado pola Deputación e mantelo no seu cadro de persoal durante un período mínimo de 12 meses de duración; manter o cadro de persoal, incluíndo aos anteriores traballadores das edicións do Ben Empregado, durante a vixencia deste programa; facilitarlle ao contratado os medios técnicos necesarios para o desenvolvemento das súas tarefas; ou achegar ao organismo provincial nos primeiros 10 días do mes a nómina e xustificante de pago do traballador correspondente.

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello, ou pinchar no seguinte enlace: http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/p_20_contenedor1.jsp?seccion=s_fdoc_BOP.jsp&contenido=34259&tipo=5&nivel=1400&layout=p_20_contenedor1.jsp&language=gl

No hay comentarios: