Están expostas as bases para a
contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha
AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (27
horas/semana), con adscrición ao srvizo municipal de axuda ó fogar do
concello do Vicedo. Sendo a data de
inicio prevista o día 17 de outubro, e por un período de seis meses.
O prazo de inscrición remata o vindeiro día 04 de outubro, ás 15:00 horas. A selección realizarase o día 05 de outubro de 2017, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
No hay comentarios:
Publicar un comentario