martes, 31 de julio de 2018

AXUDAS Á SEGUNDA OPORTUNIDADE PARA AUTÓNOMOS


Orde do 17 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa da segunda oportunidade das persoas autónomas, e se procede a súa convocatoria para o ano 2018 (TR341T). Consellería de Economía, Emprego e Industria. DOGA DO 30 DE XULLO DE 2018.

Beneficiarios: persoas que se dean de alta no RETA ou mutualidade no período do 1 de xaneiro ao 30 de setembro de 2018, cesasen con anterioridade na súa actividade causando baixa por causas económicas e cumpran os seguintes requisitos:
-      Que o cesamento da actividade se producise con 6 meses de antelación polo menos.
-      Que teña cotizado ininterrompidamente polo menos durante 18 meses nos últimos 5 anos, ou de xeito alterno 36 meses nos últimos 10 anos.
-      Estar inscrito como demandante de emprego polo menos 6 meses seguidos e non ter contrato laboral nin ocupación.
-      Realizar una formación de como mínimo 60 horas en formación xerencial, xestión comercial ou finacieira, marketing dixital ou sobre materias que teñan relación directa co negocio.
-      Domicilio fiscal en Galicia e actividade económica en Galicia.

Axudas:
-      Bono apoio: 3.000 euros as persoas que estiveran máis de 6 meses seguidos inscritas na oficina de emprego antes de darse de alta no RETA no 2018 antes da entrada en vigor desta orde.
-      Bono formación: 2.000 euros para realizar un mínimo de 60 horas de formación nas materias sinaladas anteriormente, a realizar nos p`lazos marcados nesta orde.
A axuda máxima total será de 5.000 euros.  

Prazo presentación solicitudes: ata o 30 de setembro de 2018.

Destacar:
-      A concesión da subvención vai por orde de entrada ata o esgotamento do crédito.
-  Deben permanecer de alta no RETA, un mínimo de dous anos desde a solicitude da subvención.

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180730/AnuncioG0424-170718-0002_gl.pdf

No hay comentarios: