Este programa consiste en dúas liñas de axudas co
obxecto de facilitar o desfrute dunha vivenda en réxime de alugamento a
sectores de poboación con escasos medios económicos.
As persoas beneficiarias deste programa poderán
acceder ás seguintes liñas de axudas:
- Liña A. Axuda ao alugamento de
vivenda, cuxa
finalidade é facilitar o desfrute dunha vivenda, en réxime de alugamento,
a sectores de poboación con escasos medios económicos. A contía da axuda
determinarase en función da renda mensual do alugamento e da idade da
persoa solicitante:
- Para
persoas entre 18 e 64 anos: 40% da renda mensual de alugamento.
- Para
persoas de 65 ou máis anos: 50% da renda mensual de alugamento.
- Liña B. Axuda á mocidade para o
alugamento de vivenda habitual e permanente, cuxa finalidade é facilitar o
acceso ao desfrute dunha vivenda digna e adecuada, en réxime de
alugamento, a persoas con escasos medios económicos que non teñan cumpridos
os 35 anos na data de presentación da solicitude.
- Contía
da axuda: 50% da renda mensual de alugamento da vivenda
No hay comentarios:
Publicar un comentario