miércoles, 5 de febrero de 2020

AXUDAS DO INSTITUTO GALEGO DE VIVENDA E SOLO PARA ADQUISICIÓN E ALUGUER


1.- programa de axudas para adquisición de vivendas

principais requisitos para poder ser beneficiario/-a:

-          Ter menos de 35 anos na data de presentación da correspondente solicitude.
-          Posuir a nacionalidade española ou, no caso de extranxeiros, ter a residencia legal en España.
-          Que os ingresos anuais das persoas que compoñen a unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a tres veces o IPREM. Este límite varia no caso de familias numerosas ou con membros con algunha discapacidade…
-          Ter suscrito con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2020 un contrato privado, ou no seu caso, escritura pública para a adquisición dunha vivenda ubicada nun concello de menos de 5.000  habitantes, que o precio de adquisición non supere os cen mil euros, e que se trate dunha vivenda xa construida (pode ser nova ou usada).
-          Que as persoas solicitantes e o resto de membros da unidade de convivencia estén empadroados na vivenda adquirida no momento da presentación da correspondente solicitude.
-          Non ter outra vivenda en propiedade ou usufructo, ningún dos membros da unidade de convivencia.

IMPORTE DAS AXUDAS: subvención de ata 10.800 euros por vivenda, co límite máximo do 20 por centro do prezo de adquisición.


PRAZO DE SOLICITUDE: Ata o 30 de setembro de 2020, ou ata o esgotamento do crédito.

MÁIS INFORMACIÓN: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200204/AnuncioC3Q2-100120-0002_gl.pdf


2.-PROGRAMA DO BONO DE ALUGAMENTO SOCIAL

As subvencións do programa do Bono de Alugueiro Social están destinadas a atender con carácter urxente ás seguintes unidades de convivencia:
·         Aquelas que precisen dunha axuda para asumir o custo do arrendamento da súa vivenda, por estar inmersas en situacións de especial dificultade que determinaron que a persoa arrendadora interpuxese unha demanda de desafiuzamento por non pagamento das rendas.
·         As das vítimas de violencia de xénero que teñan dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que no momento da solicitude, se atopen residindo nun recurso de acollida dos integrados na rede galega de acollemento para este colectivo e adscrito a unha Administración pública.
·         Aquelas con dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que fosen privadas da súa vivenda habitual, que posúen en calidade de propietarias ou usufrutuarias, por danos sufridos nesta derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida, tales como incendios, inundacións, etc.
·         Aquelas que, tendo sido beneficiarias do Programa Aluga, regulado polo Decreto 84/2010, do 27 de maio, para o fomento do alugamento de vivendas na Comunidade Autónoma de Galicia, desfrutasen na súa totalidade da subvención do dito programa e lles rematase o período máximo de desfrute desta axuda dentro dos seis meses anteriores á data da presentación da súa solicitude de subvención do programa do Bono Alugueiro Social.
·         Aquelas ás cales, tendo sido arrendatarias dunha vivenda de promoción pública de titularidade do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS) lles finalizase a vixencia do seu contrato a partir da entrada en vigor desta orde.
·         Aquelas ás cales, por concorrer circunstancias de emerxencia social e non acadaren o límite mínimo de ingresos establecidos no Programa de vivendas baleiras, a comisión de seguimento e coordinación do citado programa lles propoña a adxudicación dunha vivenda no marco do citado programa.
·         Aquelas que sendo residentes en vivendas de entidades financeiras ou da Sociedade de Xestión de Activos procedentes de Reestruturación Bancaria (Sareb), en virtude dos convenios de colaboración subscritos entre o IGVS e as citadas entidades, rematasen a vixencia do seu contrato de arrendamento dentro dos seis meses anteriores á data de presentación da súa solicitude de subvención do Programa do bono alugamento social

PRAZO DE SOLICITUDE: ata o 11/12/2020 ou ata o esgotamento do crédito

MÁIS INFORMACIÓN: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200203/AnuncioC3Q2-140120-0003_gl.pdf

No hay comentarios: