miércoles, 26 de febrero de 2020

AXUDAS ECOINNOVACIÓN COMERCIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Prazo de solicitude: Desde o 22/02/2020 ata o 21/03/2020

Beneficiarios: Comerciantes retallistas e obradoiros artesáns (persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas que, en todo caso, cumpran os requisitos establecidos na orde de convocatoria).
Actuacións subvencionables
1. Considéranse subvencionables os proxectos ecoinnovadores que conteñan algunha das seguintes actuacións:
1.1. Ecoenvases: solucións sustentables de empaquetado de produto e para o seu envío, de ser o caso, coa utilización de materiais cen por cento biodegradables.
O investimento máximo subvencionable para este punto será de 4.000 €, IVE excluído, e a porcentaxe da subvención será do 70 %.
1.2. Economía circular.
Considérase subvencionable a implantación ou posta en marcha de proxectos de ecoinnovación comercial, que poderán referirse ás seguintes áreas:
a) Procesos de economía circular, incluíndo proxectos de modelos de negocio onde polo menos o 70 % da oferta de produto non sexa de primeira manufactura.
b) Venda de produtos elaborados con residuos ou materiais reciclados, que supoñan polo menos o 30 % das referencias do establecemento comercial.
c) Proxectos de recollida de envases do propio establecemento comercial, con ou sen incentivos para o cliente, para a súa posterior reutilización polo establecemento comercial.
d) Proxectos de negocios que introduzan polo menos o 70 % da oferta de produtos con etiquetaxe ecolóxica.
e) Venda a granel de produtos que habitualmente se presentan envasados, sempre que supoñan polo menos o 70 % das referencias do establecemento comercial.
A subvención consistirá nunha axuda por beneficiario de 1.500 € para o pulo de proxectos ecoinnovadores que inclúan as actuacións descritas neste punto.

Máis información:  https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200221/AnuncioG0424-030220-0006_gl.html ou pasando pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local municipal

No hay comentarios: