lunes, 10 de agosto de 2020

Oferta de emprego: auxiliar de axuda no fogar a xornada completa

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 09 de  setembro, e por un período de seis meses.


O prazo de inscrición é desde o día 11 ata o 20 de agosto de 2020 (ambos inclusive). A selección realizarase o día 21 de agosto de 2020, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

No hay comentarios: