Estas subvencións teñen por obxecto o fomento da comercialización dixital
Quen pode solicitar estas axudas:
- Comerciantes retallistas:
a) Que desenvolvan a súa
actividade comercial en Galicia, que o seu domicilio social radique na
Comunidade Autónoma e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para
exercer a actividade. No caso de comerciantes que realicen a actividade
comercial en liña, deberán ter o domicilio social na Comunidade Autónoma de
Galicia.
b) Que, tendo a
condición de peme conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea na
súa Recomendación 2003/361/CE, do 6 de maio de 2003 (DOUE nº 124, do 20 de
maio, p. 36), empreguen menos de vinte (20) traballadores e non teñan a
consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable.
c) Que estean dados de
alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan nos anexos II e III e que
esta constitúa a actividade principal da persoa solicitante. No caso de que a
actividade principal sexa unha actividade das epígrafes relacionadas no anexo
III, deberá estar dado de alta nalgunha actividade comercial relacionada no
anexo II.
d) Que desenvolvan a
actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de
exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados, agás que a
actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE.
- Titulares de
obradoiros artesanais, xa sexan persoas físicas ou xurídicas e comunidades de
bens, inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. No caso de novos
obradoiros, terán de prazo ata a data límite de presentación da solicitude de
subvención para solicitar a inscrición no dito rexistro.
Actuacións subvencionables:
De comercialización dixital.
a) A organización
virtual de tendas efémeras, plataformas ou páxinas de market place, feiras ou
calquera outro tipo de evento comercial, nacional ou internacional, celebrados
en liña.
A axuda consistirá nun
tícket por cada evento que se organice, ata un máximo de dous eventos por
persoa beneficiaria, cun importe máximo de axuda cada un deles, a razón de:
– Eventos de ata 5
participantes, un tícket de 1.000,00 euros.
– Eventos de 6 ata 20
participantes un tícket de 3.000,00 euros.
– Eventos de 21 ata 50
participantes, un tícket de 5.000,00 euros.
– Eventos de máis de 50
participantes, un tícket de 8.000,00 euros.
A porcentaxe
subvencionable por cada evento acadará o 80 % do investimento subvencionable.
Poderán ser persoas
beneficiarias destas actuacións as/os titulares dos obradoiros artesanais,
comerciantes retallistas, asociacións profesionais e empresariais de artesáns e
concellos galegos previstos no artigo 3.
b) A participación
virtual como expositora/o en tendas efémeras, plataformas ou páxinas de market
place, feiras ou calquera outro tipo de evento comercial, nacional ou
internacional celebrados en liña.
A axuda consistirá nun
tícket por cada evento en que se participe, ata un máximo de catro eventos por
persoa beneficiaria, que terán as modalidades de 500,00 € e 1.500,00 €.
A porcentaxe
subvencionable por cada evento acadará o 80 % do investimento subvencionable.
Poderán ser persoas
beneficiarias destas actuacións as/os titulares dos obradoiros artesanais e
comerciantes retallistas previstos no artigo 3.
Para obradoiros
artesanais.
Considéranse actuacións
subvencionables a participación como expositora/o en feiras de interese
artesanal, nacionais ou internacionais:
a) Feiras profesionais
sen venda directa con retirada de mercadoría.
b) Feiras non
profesionais.
c) Feiras profesionais e
non profesionais do período do Nadal 2019-2020.
As actuacións deben
estar realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2020 ata a
data límite de xustificación establecida no artigo 16. Así mesmo, no caso das
actuacións desenvolvidas por titulares de obradoiros artesanais, concellos
galegos e asociacións profesionais e empresariais de artesáns, excepcionalmente
considérase subvencionable a organización e participación en feiras do período
do Nadal 2019-2020 e os gastos efectuados dende o 1 de novembro ata o 31 de
decembro de 2019 derivados destas.
Plazo solicitude: do 13/08/2020 ata o
30/09/2020 ou ata o esgotamento dos fontos, van resolvendo por orde de entrada.
Máis información pinchando no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=IN201G
No hay comentarios:
Publicar un comentario