viernes, 10 de octubre de 2008

SEMINARIO PARA A DIFUSIÓN DA CREACIÓN DE EMPRESAS

O próximo día 15 de outubro de 2008, celebrarase un Seminario de difusión da cultura emprendedora na Casa da Cultura de O Vicedo, ás 11 da mañá. Está organizado polo concello do Vicedo en colaboración co BIC Galicia, e ten como obxectivo fomentar o emprendemento. É un acto aberto a tódolos interesados, asistindo os alumnos do obradoiro de emprego do concello de O Vicedo.
Un emprendedor local, Iván Timiraos Rodríguez, empresario do sector da construcción, exporá a súa experiencia como empresario.

No hay comentarios: