martes, 11 de noviembre de 2008

AXUDAS PARA O APOIO AO TECIDO EMPRESARIAL DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

BENEFICIARIOS: Empresas privadas, que teñan a condición de PEMES, que realicen accións susceptibles de subvención en sectores distintos da pesca e acuicultura, construcción naval, carbón, aceiro e fibras sintéticas, e teñan o domicilio social na provincia de Lugo.

Hai tres tipos de axuda:

1º.- Subvención para o acceso á sociedade da información e da comunicación

Subvencionase a compra de equipamentos e á presencia dos beneficiarios en internet:
- Adquisición, instalación e montaxe de ordenadores personais de sobremesa (portátiles só no caso de venda ambulante), impresoras, escáneres e similares.
- Adquisición de licencias e productos de software de xestión empresarial.
- Labores de adaptación de aplicacións informáticas de carácter xenérico.
- Adquisición, instalación e montaxe de caixas rexistradoras, sistemas de etiquetaxe, fotocopiadoras, fax, etc.
- Deseño e implantación de sistemas de venda non presenciais.
- Gastos de desenvolvemento e implantación dunha páxina web.
- Alta de conexión a internet en banda ancha ou tarifa plana.
- Gastos de implantación da web.

As actuacións subvencionables terán que realizarse entre o 1 de xaneiro e o 30 de decembro do 2008.

Cuantía das axudas: ata o 35% do investimento subvencionable, máximo 3.000 euros.

2º.- AXUDAS PARA A CONSOLIDACIÓN E MODERNIZACIÓN DO TECIDO EMPRESARIAL.

Subvencionará aquelas accións, realizadas ente o 1 de xaneiro e o 30 de decembro do 2008.

Conceptos subvencionables:
- Obras e instalacións que supoñan innovación, transformación, reordenación, ampliación, reforma ou mellora dun establecemento de negocio xa existente.
- Adquisición de mobiliario e maquinaria específicos necesarios para o exercicio da actividade empresarial.
- Gastos de rotulación de vitrinas, fachadas e vehículos.
- Deseño e execución de campañas publicitarias promocionais.
- Sistemas destinados á protección das mercancías ou productos comercializables.

Cuantía das axudas: ata o 35% do investimento, máximo 12.000 euros.

3º.- AXUDA PARA GASTOS DE ACTIVIDADE.

Subvencionará aquelas accións, realizadas ente o 1 de xaneiro e o 30 de decembro do 2008.

Beneficiarias: empresas que conten alomenos cun ano de actividade no momento da solicitude da axuda, que a renda neta do solicitante no exercicio 2007 non supere os 6.998,80 euros, e que non houbesen recibido ningunha axuda durante o ano 2008, nin de administracións públicas nin privadas.

Subvencionase os gastos correntes da actividade, expecto a compra de mercadorías e materias primas.

Cuantía das axudas: ata o 20% dos gastos subvencionables, máximo 2.000 euros por empresa beneficiaria.

PRAZO DE SOLICITUDE: Ata o 21/11/2008

No hay comentarios: