viernes, 18 de septiembre de 2026

Escolas deportivas municipais curso escolar 2026/2027

 

Máis información nas oficinas municipais, no taboleiro de edictos ou na sede electrónica do concello do Vicedo (taboleiro de anuncios) donde están expostas as bases reguladoras: 

https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.2

martes, 15 de septiembre de 2026

Axudas para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas

 RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 60 % do gasto elixible no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027, e se anuncia a súa convocatoria con carácter plurianual (2026-2027) (código de procedemento TU986B).

Prazo aberto: 07/09/2026 09:00 - 07/12/2026 20:00

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260831/AnuncioG0256-180826-0001_gl.pdf 

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=TU986B


viernes, 28 de agosto de 2026

OFERTA DE EMPREGO

 Recibida neste departamento a seguiente oferta de emprego:

Empresa do municipio do Vicedo busca REPARTIDOR/A.

DURACIÓN: Seis semanas.

TIPO CONTRATO: sustitución

XORNADA: Completa, 8 horas de luns a venres.

SALARIO: Segundo convenio colectivo aplicable.

DESCRICIÓN DO POSTO:

Persoa para realizar labores de repartidor/a en furgoneta durante un período aproximado de seis semanas, para cubrir unha sustitución.

REQUISITOS:

-          Permiso de conducir

As persoas interesadas poden presentar a súa candidatura a través do correo electrónico emprego@concellodovicedo.org.

Máis información: contactar co departamento de emprego municipal chamando ao 982590029.

Oferta de emprego para a contratación de xóvenes desempregados inscritos no sistema de garantía xuvenil para o concello do Vicedo

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración concedeu ao concello do Vicedo unha axuda para a contratación dun empleado de bibliotecas (auxiliar/axudante non titulado), durante nove meses ao 100% da xornada, que estaría adscrito ao Centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade do Vicedo.

Está contratación está financiada pola Orde do 22 de maio de 2026, pola que se aproban as bases reguladoras destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración con entidades locais, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Program FSE+Galicia 2021-2027, para o ano 2026.

Polo tanto, os candidatos/-as ao posto deben de cumprir unha serie de requisitos tanto no momento da selección como no da formalización do contrato, destacamos:

-Ser desempregado e inscrito como demandante non ocupado de emprego no Servizo Público de Emprego

- Ter feitos os 18 anos e non superar os 29, idade máxima para a inscrición no Sistema nacional de garantía xuvenil.

- Estar inscritas como beneficiarias no fichero do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.  

- Non ter traballado ou recibido acción educativas ou formativas o día natural anterior á data da sinatura do contrato.

- Non ter sido contratada por calquer entidade, por un período igual ou superior a cento oitenta (180 días), ao abeiro das axudas concedidas polas ordes da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para a contratación de persoas traballadoras desempregadas, programas de cooperación con entidades sen ánimo de lucro (procedemento TR352A) e programas de cooperación de garantía xuvenil con entidades locais e organismos intermedios sen ánimo de lucro (procedementos TR350E e TR349Z).


Esta oferta tramítase a través da oficina de emprego de Viveiro, polo tanto, si estás interesado/-a deberías estar inscrito/-a en dita oficina. Si necesitas máis información, podes contactar canto antes coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, tamén chamando ao 982590029 ou mediante correo electrónico: emprego@concellodovicedo.org., ou directamente na oficina de emprego.

Pódense consultar as bases de selección no taboleiro de edictos municipal ou na sede electrónica no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

lunes, 24 de agosto de 2026

Programa de axudas para a adquisición ou autopromoción de vivendas en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia con poboación residente igual ou inferior a 10.000 habitantes 2026

 Esta axuda ten por obxecto facilitar ás persoas mozas:

- O acceso a unha vivenda en réxime de propiedade localizada nun concello con poboación residente igual ou inferior a 10.000 habitantes, mediante a concesión dunha subvención para a súa adquisición.

- A autopromoción dunha vivenda localizada nun concello con poboación residente igual ou inferior a 10.000 habitantes, mediante a concesión dunha subvención para a dita autopromoción.

A contía máxima da axuda será do 20% do prezo de adquisición ou do custo da autopromoción da vivenda, sen incluír os gastos e tributos inherentes, cun máximo de 15.000 euros por vivenda.

No suposto de adquisición ou autopromoción por dúas persoas, o importe da axuda que puidese recibir a persoa beneficiaria determinarase aplicando a porcentaxe de cota de participación ao importe da axuda que lle correspondería, para o caso de ter adquirido ou construído o 100% da vivenda.

Presentación de solicitudes: desde o 27.08.2026 ás 09.00 horas ata o 16.11.2026 ás 14.00 horas (por orde de entrada expedient completo ata o esgotamento do crédito).

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede.xunta.gal)

Máis información contactar coa AEDL municipal ou pinchando nos seguintes enlaces: 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260821/AnuncioO150-300726-0002_gl.pdf

https://igvs.xunta.gal/es/ayudas/programa-de-ayudas-para-la-adquisicion-de-vivienda-en-la-comunidad-autonoma-de-galicia-2026-vi501a

Curso teleformación de prevención de riscos laborais en actividades de tempo libre

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2026 pola que se convoca o curso de prevención de riscos laborais en actividades de tempo libre, nivel básico, para persoal empregado público, traballador/a por conta allea ou autónomo/a, empresario/a e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

O prazo de presentación de solicitudes será do 24 de agosto ao 4 de setembro de 2026

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260821/AnuncioO150-300726-0002_gl.pdf

jueves, 13 de agosto de 2026

Axudas para a adquisición de vivenda do IGVS

 Estas axudas comprenden as seguintes modalidades de adquisición:

– Modalidade A: adquisición de vivendas situadas no ámbito dun centro histórico.

– Modalidade B: adquisición de vivendas cualificadas definitivamente como vivenda protexida de protección autonómica de réxime xeral, especial ou concertado.

A súa concesión tramítase polo procedemento de concorrencia non competitiva, ata esgotar o crédito dispoñible previsto na convocatoria.

Poderán solicitar as axudas obxecto desta convocatoria as persoas que subscribisen con posterioridade ao 15 de outubro de 2025 un contrato privado ou, de ser o caso, unha escritura pública de adquisición dunha vivenda, nos termos previstos nesta resolución.

Tamén poderán solicitar a axuda aquelas persoas ás cales, tendo presentado unha solicitude de subvención para a adquisición de vivenda en calquera das modalidades previstas nesta resolución, ao abeiro da Resolución do 30 de decembro de 2024 pola que se procede á convocatoria do programa das axudas para a adquisición de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 , lles fose denegada por esgotamento do crédito. Neste caso, deberán cumprir todos os requisitos sinalados nesta resolución, excepto o referido á data de adquisición da vivenda.


Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260814/AnuncioC3Q2-070826-0001_gl.html

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=VI501A

martes, 11 de agosto de 2026

Acta selección auxiliar de axuda no fogar a xornada completa (100 %)

Publicada no día de hoxe na sede electrónica e no taboleiro de edictos municipal,  acta da selección para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  auxiliar de axuda no fogar, a xornada completa (100 %), con adscrición ao servizo municipal de axuda ó fogar  do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio unha vez rematados tódolos trámites, e ata a cobertura definitiva da praza con persoal laboral fixo, no horario que demande o servizo.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

viernes, 7 de agosto de 2026

Lista provisional elevada a definitiva admitidos/excluídos selección auxiliar de axuda a domicilio a xornada completa

No día de hoxe, 07 de agosto de 2026, aprobouse a lista de admitidos/excluídos provisional, elevada a definitiva, para a selección para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  auxiliar de axuda no fogar, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de axuda ó fogar  do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio unha vez rematados tódolos trámites, e ata a cobertura definitiva da praza con persoal laboral fixo, no horario que demande o servizo.

As probas de selección terán lugar o próximo día 11 de agosto, ás 12:00 horas, na casa consistorial do Vicedo

Poden consultar as listas e toda a información pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.3 (para ver todo dar a máis publicacións ou pulsar no + que está a dereita no taboleiro de anuncios).

martes, 28 de julio de 2026

Oferta de emprego: auxiliar de axuda no fogar a xornada parcial (100 %)

Publicadas as bases no BOP de Lugo de hoxe día 28/07/2025, e expostas na sede electrónica e no taboleiro de edictos municipal,  para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  auxiliar de axuda no fogar, a xornada parcial (100 %), con adscrición ao servizo municipal de axuda ó fogar  do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio unha vez rematados tódolos trámites, e ata a cobertura definitiva da praza con persoal laboral fixo, no horario que demande o servizo.

O prazo de inscrición é de oito días naturais a contar a partir da publicación do anuncio no BOP, polo tanto, comeza o día 29 de xullo de 2026 e remata o día 05 de agosto de 2026.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

viernes, 24 de julio de 2026

Oferta de emprego

Oferta de emprego para un supermercado de Viveiro, por se alguén puidese estar interesado. Estas as características do emprego:

Vixilante de Seguridade – Viveiro

ILUNION selecciona Vixilante de Seguridade con TIP en vigor para a zona de Viveiro.

Funcións: labores de vixilancia en xeral, rondas e prevención de seguridade necesarias nas instalacións dun supermercado. Están dispostos a cubrir os gastos de desprazamento e incluír na nómina ese tempo de desprazamento ao posto de traballo.

Requisitos:

- TIP en vigor

- Valórase ter vehículo propio

- Disponibilidade horaria

Si podes estar interesado/-a, enviar CV. Máis información:  655.07.30.44.

Axudas á conciliación da vida persoal, familiar e laboral da Consellería de Política Social e Igualdade

Orde da Consellería de Política Social e Igualdade do 9 de xullo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas á conciliación da vida persoal, familiar e laboral, por redución da xornada de traballo, como medida de fomento da corresponsabilidade, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento SI440A).

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260724/AnuncioG0762-090726-0005_gl.pdf

jueves, 9 de julio de 2026

Lista definitiva admitidos/excluídos para a selección dun xefe de brigada de defensa e prevención contra incendios forestais, campaña 2026.

 No día de hoxe, 09 de xullo de 2026, aprobouse a lista definitiva de administos/excluídos para a selección dun xefe de brigada de defensa e prevención de incendios forestais, para a campaña 2026, cunha duración de tres meses.

Poden consultar as listas e toda a información pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/preview-document/094c5969-ad2a-44f2-aea6-c7910e42d0f9/

viernes, 3 de julio de 2026

Lista provisional admitidos/excluídos para a selección dun xefe de brigada de defensa e prevención contra incendios forestais, campaña 2026.

No día de hoxe, 03 de xullo de 2026, aprobouse a lista provisional de administos/excluídos para a selección dun xefe de brigada de defensa e prevención de incendios forestais, para a campaña 2026, cunha duración de tres meses.

As persoas excluídas dispoñen dun prazo de dous días hábiles, a contar desde a publicación, polo tanto, serían os días 6 e 7 de xullo, para aportar documentación ou presentar as alegacións que estimen oportunas.

Poden consultar as listas e toda a información pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/preview-document/094c5969-ad2a-44f2-aea6-c7910e42d0f9/

PROGRAMA EMEGA. AXUDAS AO EMPRENDEMENTO FEMININO (NOVAS INICIATIVAS E PARA AS XA EN FUNCIONAMENTO)

Orde de 18 de xuño de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia (Publicada en DOG o 3 de julio de 2026). Convocatoria de axudas Programa Emega — código de procedemento: SI429A.

Obxectivo da axuda :

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Igualdade, abre o prazo para a presentación das solicitudes de axudas destinadas ao fomento do emprendemento feminino en Galicia. Están cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027 e adxudícanse por concorrencia competitiva. As axudas están sometidas ao réxime de minimis e non poderán concederse, entre outros, aos seguintes supostos: a) Empresas dedicadas á produción primaria de produtos da pesca e da acuicultura. b) Empresas dedicadas á transformación e á comercialización de produtos da pesca e da acuicultura, cando o importe da axuda se determine en función do prezo ou da cantidade de produtos adquiridos ou comercializados.

Modalidades de axuda:

a) Emega Emerxe: posta en marcha de novas iniciativas empresariais e creación de emprego feminino estable por conta propia e allea. 

b) Emega Impulsa: reactivación, consolidación de empresas constituídas por mulleres, ou implantación de medidas innovadoras para mellorar a competitividade. 

c) Emega Innova: impulso de iniciativas empresariais de carácter innovador, con contido científico ou base tecnolóxica. 

d) Emega Concilia: axuda complementaria ás modalidades anteriores para promover a conciliación. As modalidades a), b) e c) son incompatibles entre si. Só se poderá ser beneficiaria dun único incentivo, compatible con Emega Concilia.

¿Quen pode solicitala? Empresas privadas formadas por mulleres que inicien a súa actividade económica ou formalicen o seu plan de reactivación e/ou mellora no período comprendido entre o 14/08/2025 e a data de fin do prazo de presentación de solicitudes (03/08/2026).

Prazo e presentación: un mes contado a partir do día seguinte á publicación no DOG (03/07/2026).

Vía de presentación: sede electrónica da Xunta de Galicia.

¿Que gastos subvenciona e co que importes? 

a) Emega Emerxe:

En atención aos postos de traballo creados: 

* 10.000 € polo posto de traballo da promotora. 

* De 16.000 a 22.000 € ás empresas con 2, 3 e 4 ou máis postos de traballo para mulleres por conta propia ou allea con contrato indefinido, incluíndo o da(s) promotora(s).

b) Emega Impulsa:

Medidas subvencionables (algunha das seguintes): 

* Cambio de localización da actividade.

* Acondicionamento ou renovación das instalacións. 

* Renovación do equipamento informático e/ou aplicacións informáticas.

* Compra de maquinaria e/ou ferramentas. v. Implantación de novas tecnoloxías para a comercialización de produtos ou servizos.

En atención ao número de postos de traballo existentes: 

* 8.000 € polo mantemento do posto de traballo da promotora. 

* De 12.000 a 17.000 € ás empresas con 2, 3 e 4 ou máis postos de traballo para mulleres por conta propia ou allea con contrato indefinido, incluíndo o da(s) promotora(s).

c) Emega Innova:

En atención ao número de postos de traballo creados con carácter estable para mulleres, por conta propia ou allea, con contrato indefinido: 

* 18.000 € pola creación do posto de traballo da promotora.

* De 27.000 a 42.000 € ás empresas que creen 2, 3 e 4 ou máis postos de traballo para mulleres, incluíndo o da(s) promotora(s).

d) Emega Concilia:

Só poderá concederse ás empresas que a soliciten e resulten beneficiarias doutra modalidade.

* Concilia-promotoras: 3.000 € por empresa. Requírese que algunha promotora teña fillos menores de 3 anos na data de finalización do prazo de xustificación da axuda.

* Concilia-persoas traballadoras por conta allea: máximo de 5.000 € por empresa.

Máis información: contactar coa AEDL municipal ou  pinchando no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260703/AnuncioG0762-190626-0001_gl.pdf


martes, 30 de junio de 2026

Oferta de emprego: limpadora para cubrir vacacións

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha LIMPADORA baixo a modalidade de contrato de traballo de substitución, para cubrir vacacións das limpadoras municipais, desde o próximo día 28 de xullo de 2026.

O prazo de inscrición comenza o día 1 e finaliza o 8 de xullo de 2026, ambos inclusive, realizándose o proceso de selección o día 9 de xullo de 2026, ás 10:30 horas, na casa consistorial do Vicedo.

Para máis información e inscricións: pasar polo Concello, ou pinchando no seguinte enlace:  https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info

Oferta de emprego: peón de recollida de lixo para cubrir vacacións e outros permisos

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha PEÓN DE RECOLLIDA DE LIXO baixo a modalidade de contrato de traballo de substitución, para cubrir vacacións e outros permisos, a xornada completa, desde o próximo día 10 de agosto de 2026.


O prazo de inscrición comenza o día 1 e finaliza o 8 de xullo de 2026, ambos inclusive, realizándose o proceso de selección o día 9 de xullo de 2026, ás 10:00 horas, na casa consistorial do Vicedo.


Para máis información e inscricións: pasar polo Concello, ou pinchando no seguinte enlace:  https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info

martes, 23 de junio de 2026

Axudas á cooperativas ou sociedades laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ORDE do 3 de xuño de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras do programa ES-Transforma en cooperativas ou sociedades laborais e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2026 (código de procedemento TR802R).

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local ou pinchando no seguinte enlace https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260623/AnuncioG0767-110626-0001_gl.pdf

miércoles, 17 de junio de 2026

SELECCIÓN DE PERSOAL PARA A BRIGADA PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS - CAMPAÑA INCENDIOS 2026, POR TRES MESES

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a selección, mediante concurso - oposición, do personal laboral temporal brigada municipal de prevención e defensa contra incendios forestais, campaña de incendios 2026, por tres meses:

- 1 xefe de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.

- 1 peón - condutor de prevención e defensa contra incendios forestais.

- 3 peóns de prevención e defensa contra incendios forestais.

O prazo para a presentación de solicitudes será de 7 días hábiles a partir do seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, publicado no BOP de hoxe 17/06/26. Polo tanto, o prazo de solicitude sería do 18 ata o 29 de xuño de 2026, ambos inclusive.

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí:  https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

viernes, 12 de junio de 2026

Novo prazo de solicitude para a selección dun peón de protección do ambiente e espazos naturais, por tres meses.

Novo prazo de solicitude e prórroga das bases de data 03/06/2026, por quedar un posto vacante nese proceso, para un posto de PEÓN DE PROTECCIÓN DO AMBIENTE E ESPAZOS NATURAIS, por tres meses, a xornada completa.

O novo prazo de solicitude é os días 15, 16 e 17 de xuño de 2026. A proba de selección realizarase o día 18 de xuño de 2026, ás 10:00 horas na Centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade de O Vicedo (Casa Cultura).

Máis información e inscricións: pasando pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, ou pinchando no seguinte enlace: http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

jueves, 11 de junio de 2026

Xornada Emprender en Feminino en Morás, Xove

 Xornada Emprender en Feminino, que o Polo de Emprendemento de Mondoñedo organiza en colaboración con Medrando Xuntas (Rede Eusumo) e que se celebrará o luns, 22 de xuño, de 16.30 a 18.00 h. na Casa do Cabo en Morás, Xove.

Máis información e inscricións: https://polosemprendemento.gal/calendar/emprender-en-feminino

miércoles, 10 de junio de 2026

Axudas á transformación dixital das pemes

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2026 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas á transformación dixital das pemes cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 e se procede á súa convocatoria para os anos 2026-2027 en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG300C).

OBXETIVO

O obxectivo principal destas axudas é impulsar a dixitalización das pequenas e medianas empresas (pemes), favorecendo a súa competitividade, innovación e adaptación ao novo contorno dixital.

BENEFICIARIOS

Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes), calquera que sexa a súa forma xurídica, incluíndo aos empresarios autónomos, e que teñan un centro de traballo en Galicia no que se vaia realizar o proxecto.

QUE SE SUBVENCIONA

Serán subvencionables proxectos como:

• Proxectos de dixitalización empresarial

• Implantación de solucións tecnolóxicas avanzadas

• Mellora e automatización de procesos

• Interconexión dixital e modernización da empresa

Os proxectos serán de carácter individual, desenvolvidos por unha única empresa beneficiaria.

TIPOLOXIA DE PROXECTOS

A convocatoria establece unha clasificación dos proxectos en función do seu importe subvencionable.

Esta clasificación utilízase para o procedemento de concorrencia competitiva, de forma que cada proxecto compite unicamente con outros do mesmo tipo.

Os tipos son os seguintes:

• Tipo 1: proxectos cun importe subvencionable de 12.000 € a menos de 50.000 €

• Tipo 2: proxectos cun importe subvencionable de entre 50.000 € e 120.000 €

• Tipo 3: proxectos cun importe subvencionable de máis de 120.000 €

Esta división non afecta á natureza das actuacións, senón unicamente ao volume do investimento presentado.

IMPORTE SUBVENCIONABLE

A intensidade da axuda varía en función do tipo de gasto subvencionable e do réxime aplicable:

• Investimentos materiais e inmateriais:

• 35% para pequenas empresas

• 25% para medianas empresas

• Outros investimentos materiais e inmateriais:

• 20% para pequenas empresas

• 10% para medianas empresas

• Servizos de consultoría externa:

• ata o 50% para pequenas e medianas empresas

• Licenzas, subscricións e servizos en nube (SaaS):

• ata o 50% para pequenas e medianas empresas

PRAZO E SOLICITUDE

• O prazo de presentación das solicitudes desta convocatoria será dun (1) mes, contado desde as 9.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e decir o día 11/06/2026,  e ata as 14.00 horas do día no que se cumpra o devandito prazo dun (1) mes.

• Para presentar a solicitude, a persoa solicitante deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias da persoa solicitante e do proxecto para o que solicita a subvención, a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://spiga-sede.igape.es. Deberá cubrir necesariamente todos os campos establecidos como obrigatorios.

MÁIS INFORMACIÓN: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello ou pinchando no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=IG300C


martes, 9 de junio de 2026

Subvencións para promover a primeira experiencia profesional mediante contratos formativos para a mocidade e no sector artesanal (TR353C e TR353E) – Ano 2026

 BENEFICIARIOS

Programa I: primeira experiencia profesional das persoas mozas menores de 30 anos mediante contratos formativos (código de procedemento TR353C).

Programa II: primeira experiencia profesional en oficios artesanais (código de procedemento TR353E).

Poderán ser beneficiarias das subvencións:

• As empresas, persoas autónomas, sociedades civís e comunidades de bens.

• Centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral (con limitacións).

• En xeral, persoas empregadoras que contraten persoas traballadoras por conta allea en centros de traballo situados en Galicia.

QUE SE SUBVENCIONA

Programa I: Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións por conta allea de persoas mozas mediante a subscrición de contratos para a obtención da práctica profesional e de formación en alternancia.

Programa II: Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións por conta allea de persoas mediante a subscrición de contratos para a obtención da práctica profesional en oficios artesanais.

Para os dous programas, os contratos terán unha duración mínima de 12 meses e deberán ser a xornada completa.

O período durante o cal se teñen que producir os contratos formativos para que sexan subvencionables comprende desde o 16 de outubro de 2025 ata o 30 de outubro de 2026.

IMPORTE SUBVENCIONABLE

As contías máximas do incentivo á contratación por 12 meses a xornada completa que se concederá con carácter xeral serán as seguintes:

a) Incentivo á contratación para as persoas contratadas nos grupos de cotización 1 e 2: 16.625 €.

b) Incentivo á contratación para as persoas contratadas nos grupos de cotización 3 ao 7: 13.300 €.

c) Incentivo á contratación para as persoas contratadas nos grupos de cotización 8 ao 11: 9.975 €.

PRAZOS E LUGAR DA SOLICITUDE

• As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por vía electrónica na sede da Xunta de Galicia:

https://sede.xunta.gal

• O prazo de solicitude:

• O prazo xeral para a presentación das solicitudes dos procedementos de axudas establecidas nesta orde comezará ás 9.00 horas do quinto día hábil posterior ao día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e rematará ás 20.00 horas do 30 de setembro de 2026.

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello ou pinchando no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260609/AnuncioG0767-250526-0001_gl.pdf


lunes, 8 de junio de 2026

Ofertas de emprego: tres vixiantes de espazos naturais. Programa: "Reforzo do Emprego do Plan Deputación de Cooperación cos concellos 2026", financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo.

As bases para a selección de TRES VIXIANTES DE ESPAZOS NATURAIS, dentro do programa: "Reforzo do Emprego do Plan Deputación de Cooperación cos concellos 2026", financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo, poden consultarse sede electrónica do Concello do Vicedo e na páxina web da Deputación Provincial de Lugo.

O prazo de solicitude comeza mañá día 09 de xuño e remata o día 18 de xuño de 2026. A proba de selección será o día 19 de xuño de 2026, ás 10:00 horas na casa consistorial do Vicedo.

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 

miércoles, 27 de mayo de 2026

Talleres Es-Mar para o mes de xuño

 

 Podes inscribirte a través da web: https://rede-esmar.gal/es/

Consultas: viveiro@rede-esmar.gal /664 461 557.

Oferta de emprego: auxiliar administrativo para xulgado de paz e outras funcións.

Publicadas no taboleiro de edictos e na sede electrónica do Concello do Vicedo, as bases para a selección dun/dunha auxiliar administrativo, a xornada completa, para desempeñar as funcións da secretaría do xulgado de paz do Vicedo e outras que lle sexan encomendadas dentro da súa categoría laboral.

O prazo de solicitude comenzará mañá día 28 de maio e finaliza o día 3 de xuño de 2026 (ambos inclusive). A proba de selección terá lugar o día 8 de xuño de 2026, ás 10:00 horas, no Centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade do concello do Vicedo.

Para máis información ou consulta das bases contactar no teléfono 982590029, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/

Oferta de emprego: 8 socorristas, para a campaña de verán 2026

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso, de 8 SOCORRISTAS, a xornada completa, durante dous meses, subvencionados pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes ao abeiro da orde do 28 de abril de 2026.

Entre outros requisitos para poder optar a estos postos de traballo hai que estar desempregados, non ocupados e dispoñible para o emprego, e inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia, tanto no momento da selección como no da contratación.

As persoas candidatas serán remitidas pola oficina de emprego de Viveiro, polo tanto, no caso de estar interesados, deben de inscribirse canto antes, xa que está previsto facer a selección o día 11 de xuño de 2026, segundo o previsto nas bases de selección.

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí:  https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

OFERTA DE EMPREGO

 


lunes, 25 de mayo de 2026

Apertura do prazo o día 27 de maio para a descarga dos bonos comercia, primeira edición de 2026

Nova edición dos Bonos Activa Comercio 2026 para fomentar as compras no comercio local galego, con descontos nos comercios retallistas adheridos

As persoas maiores de idade residentes en Galicia poderán descargar un bono de ata 30 euros desde o 27 de maio ás 9:00 horas na web oficial https://bonosactivacomercio.gal/

Os descontos aplicaranse en compras realizadas en establecementos adheridos: 5 € en compras desde 20 €, 10 € desde 30 € e 15 € en compras superiores a 50 €. O bono funcionará mediante código QR e poderá empregarse ata esgotar o saldo ou o orzamento total da campaña, dotado con 2,5 millóns de euros. 

Ademais, a iniciativa inclúe un sorteo en TikTok e Instagram con catro premios de 250 euros para seguir impulsando o consumo de proximidade e apoiar ao comercio galego.

lunes, 18 de mayo de 2026

Oferta emprego: CATRO PEÓNS FORESTAIS, programa Galicia Suma Talento: Rural Activo

A Consellería de emprego, comercio e emigración concedeu unha axuda ao Concello do Vicedo para a contratación de 4 PEÓNS FORESTAIS, para o mantemento de zonas naturais, a xornada completa e durante 9 meses, con data prevista de inicio o 29 de xuño de 2026,  ao abeiro da Orde do 22 de xaneiro de 2026 pola que se regulan as subvencións para o fomento de emprego no medio rural, programa Galicia Suma Talento: Rural Activo, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2026.

Entre outros requisitos para poder optar a estos postos de traballo hai que estar desempregados, non ocupados e dispoñible para o emprego, e inscritos no servizo público de emprego, tanto no momento da selección como no da contratación.

As persoas candidatas son remitidas pola oficina de emprego de Viveiro, polo tanto, no caso de estar interesados, deben de inscribirse canto antes, xa que está previsto facer a selección o día 1 de xuño de 2026, segundo o previsto nas bases de selección.

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local municipal, ou pinchando no seguinte enlace onde están expostas as bases de selección: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.6

Oferta de emprego: catro peóns de protección do ambiente e espazos naturais para a tempada de verán 2026

Están expostas na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do concello os bases de selección para a contratación, mediante oposición, de 4 PEÓNS DE PROTECCIÓN DO AMBIENTE E ESPAZOS NATURAIS, a xornada completa, sendo a data de inicio o 15 de xuño e a de finalización o 14 de setembro de 2026.

O prazo de solicitude é do día 19 ao 29 de maio de 2026 (ambos inclusive). A proba de selección realizarase o día 3 de xuño de 2026, ás 10:00 horas na Centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade de O Vicedo (Casa Cultura).

Máis información e inscricións: pasando pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, ou pinchando no seguinte enlace: http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

LISTAS DE ADMITIDOS PROCESO SELECCIÓN LIMPADOR/-A CASA DO CONCELLO E OUTROS

No día de hoxe, 18 de maio de 2026, aprobouse a lista de admitidos/excluídos provisional, elevada a definitiva, da selección para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  LIMPADOR/-A CASA DO CONCELLO E OUTROS, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de limpeza do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista, unha vez rematados tódolos trámites, e ata a cobertura definitiva da praza con persoal laboral fixo, no horario que demande o servizo.

As probas de selección terán lugar o día 27 de maio de 2026, ás 10:00 horas, na Casa Consitorial do Vicedo.

Poden consultar as listas e toda a información pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.3 (para ver todo dar a máis publicacións ou pulsar no + que está a dereita no taboleiro de anuncios).

miércoles, 13 de mayo de 2026

Publicadas actas da selección do director, administrador e docentes para o obradoiro de emprego "Terras do Sor VIII"

ESTÁN EXPOSTAS NA SEDE ELECTRÓNICA DO CONCELLO DO VICEDO E NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CENTRO SOCIOCULTURAL, XUVENIL E DA TERCEIRA IDADE DO VICEDO, segundo o estipulado nas bases, as actas da selección  do director, administrador e docentes para o obradoiro de emprego Terras do Sor VIII.

Para máis información pinchar no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

Publicadas as puntuacións das entrevistas de selección do director, administrador e docentes para o obradoiro de emprego "Terras do Sor VIII"

ESTÁN EXPOSTAS NA SEDE ELECTRÓNICA DO CONCELLO DO VICEDO E NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CENTRO SOCIOCULTURAL, XUVENIL E DA TERCEIRA IDADE DO VICEDO, segundo o estipulado nas bases, as actas das puntuacións das entrevistas de selección  do director, administrador e docentes para o obradoiro de emprego Terras do Sor VIII.

Para máis información pinchar no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

martes, 12 de mayo de 2026

Publicadas actas selección dos alumnos-traballadores para o obradoiro de emprego "Terras do Sor VIII", nas dúas especialidades de carpintería e conservación do monte

ESTÁN EXPOSTAS NA SEDE ELECTRÓNICA DO CONCELLO DO VICEDO E NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CENTRO SOCIOCULTURAL, XUVENIL E DA TERCEIRA IDADE DO VICEDO, segundo o estipulado nas bases, as actas da selección dos alumnos-traballadores para o obradoiro de emprego Terras do Sor VIII, das especialidades relacionadas con carpintaría e mellora e conservación do monte. 

Para máis información pinchar no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

Publicadas as puntuacións das entrevistas de selección dos alumnos-traballadores para o obradoiro de emprego "Terras do Sor VIII", especialidade actividades mellora e conservación do monte

ESTÁN EXPOSTAS NA SEDE ELECTRÓNICA DO CONCELLO DO VICEDO E NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CENTRO SOCIOCULTURAL, XUVENIL E DA TERCEIRA IDADE DO VICEDO, segundo o estipulado nas bases, as actas das puntuacións das entrevistas de selección dos alumnos-traballadores para o obradoiro de emprego Terras do Sor VIII, da especialidade de mellora e conservación do monte. 

Para máis información pinchar no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

lunes, 11 de mayo de 2026

Publicadas as puntuacións das entrevistas de selección dos alumnos-traballadores para o obradoiro de emprego "Terras do Sor VIII", especialidades relacionadas con carpintaría

ESTÁN EXPOSTAS NA SEDE ELECTRÓNICA DO CONCELLO DO VICEDO E NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CENTRO SOCIOCULTURAL, XUVENIL E DA TERCEIRA IDADE DO VICEDO, segundo o estipulado nas bases, as actas das puntuacións das entrevistas de selección dos alumnos-traballadores para o obradoiro de emprego Terras do Sor VIII, das especialidades relacionadas con carpintaría. Para máis información pinchar no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

miércoles, 6 de mayo de 2026

Oferta de emprego para a selección dunha limpadora a xornada completa

Publicadas as bases no BOP de Lugo de hoxe día 23/06/2025, e expostas na sede electrónica e no taboleiro de edictos municipal,  para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  limpador/-a, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de limpeza  do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio unha vez rematados tódolos trámites, e ata a cobertura definitiva da praza con persoal laboral fixo, no horario que demande o servizo.

O prazo de inscrición é de oito días naturais a contar a partir da publicación do anuncio no BOP, polo tanto, comeza o día 07 de maio de 2026 e remata o día 14 de maio de 2026.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

Tribunais selección alumnado-traballador, director, administrador/-a e docentes para o obradoiro de emprego "Terras do Sor VIII"

Están expostas na sede electrónica e taboleiro de anuncios do concello as resolucións coas designacións dos membros dos tribunais de slección do alumnado-traballador, director, administrador/-a e docentes para o obradoiro dual de emprego, conxunto para os concellos de O Vicedo, Ourol e Muras, denominado "Terras do Sor VIII" e subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. 

Para máis información, pode pinchar no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

jueves, 30 de abril de 2026

Datas realización probas para a obtención dos CELGA 1,2,3 e 4

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2026, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga), niveis 1, 2, 3 e 4, que foron convocadas mediante a Resolución do 6 de marzo de 2026 (código de procedemento PL500C).

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260430/AnuncioG0766-230426-0001_gl.html

lunes, 27 de abril de 2026

Bases selección alumnado-traballador, director, administrador/-a e docentes para o obradoiro de emprego "Terras do Sor VIII"

Están expostas na sede electrónica e taboleiro de anuncios do concello as bases de selección do alumnado-traballador para o obradoiro dual de emprego, conxunto para os concellos de O Vicedo, Ourol e Muras, denominado "Terras do Sor VIII" e subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. O número de alumnos/-as participantes é de 20: 10 para a especialidade de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e 10 para as especialidades de traballos de carpintaría e moble e aplicación de vernices e lacas en elementos de carpintaría e moble.

Igualmente, están expostas as bases para a selección dun director, dous monitores (un para cada especialidade) e un administrador/-a, a media xornada.

Igualmente procédese a presentar as ofertas de emprego, na oficina de emprego de Viveiro, para tódolos postos de traballo.

Para máis información, pode pinchar no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

miércoles, 22 de abril de 2026

Oferta de emprego: peón/condutor/tratorista, a xornada completa

Están expostas na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do concello os bases de selección para a contratación, mediante oposición, dun PEÓN/CONDUTOR/TRATORISTA, a xornada completa, cunha duración de cinco meses.

O prazo de solicitude é do 23 ao 29 de abril de 2026. A proba de selección realizarase o día 30 de abril de 2026, ás 10:00 horas na Centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade de O Vicedo .

Máis información e inscricións: pasando pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, ou pinchando no seguinte enlace:  http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

martes, 21 de abril de 2026

Acta resultados cuarto exercicio selección dun Técnico de urbanismo como funcionario de carreira

Publicada no taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello do Vicedo a  acta número 5 en relación co cuarto exercicio da selección dun Técnico de urbanismo como funcionario de carreira: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

lunes, 20 de abril de 2026

Concedido un novo obradoiro de emprego "Terras do Sor VIII" conxunto para os concellos de O Vicedo, Ourol e Muras

Está previsto proximamente por en funcionamento un Obradoiro dual de emprego conxunto para os concellos de O Vicedo, Ourol e Muras, denominado "Terras do Sor VIII", subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, para as especialidades de: 

-  Traballos de carpintaría e moble e aplicación de vernices e lacas en elementos de carpintería e moble (MAMD0109/MAMD0209): 10 alumnos/-as traballadores/-as.

- Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes (AGAR0309): 10 alumnos/-as traballadores/-as.

Os candidatos deberán estar inscritos como desempregados na oficina de emprego de Viveiro e carecer de ocupación, ademáis doutros requisitos que poderán establecerse nas bases de selección, as cales cando estén aprobadas expoñeranse na sede electrónica do concello do Vicedo, taboleiro de edictos, etc. 

Os interesados deben pasar canto antes pola oficina de emprego de Viveiro para inscribirse especificamente para Obradoiros duais de emprego e na especialidade en concreto na que estarían interesados/-as. 

Ademáis, contratarase  outro persoal de xestión e apoio: un director, monitores un adminsistrativo.

Para máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local deste concello, ou chamando ao 982590029 

martes, 7 de abril de 2026

Oferta de emprego de Eurofirms Viveiro para O Vicedo

Desde Eurofirms Viveiro están seleccionando Camareros/as de habitaciones para empresa del sector promoción turístico con establecimientos ubicados en O Vicedo.

 Entre sus funciones estarían:

- Limpieza y acondicionamiento general de apartamentos y habitaciones (cambio de ropa de cama, limpieza de baños y reposición de suministros, mantenimiento del orden y de la higiene en el establecimiento).
- Limpieza y acondicionamiento de zonas comunes.
- Entre otras funciones propias del puesto de trabajo.

Contrato a media jornada y se cobrará por hora trabajada con contrato por ETT (incorporación lo antes posible hasta más o menos septiembre- octubre). El salario es de 9,50€ hora/ bruta.

Requisitos:

- Valorable experiencia en tareas de camarero/a de habitaciones.

- Persona organizada y con gusto por el detalle.
- Posibilidad de incorporación inmediata.
- Residencia próxima al lugar de trabajo.

-Disponibilidad de vehículo propio en caso de no residir cerca

Más información chamando a Eurofirms ao teléfono 982592906

Data da realización do cuarto exercicio do proceso de selección dun técnico de urbanismo, funcionario de carreira

Publicado no día de hoxe, anuncio coa data da realización do cuarto exercicio, en relación co proceso de selección para dar cobertura a unha praza de técnico de urbanismo do Concello do Vicedo, como funcionario de carreira.

A realización do cuarto cuarto terá lugar o día 10 de abril de 2026 ás 10:00 horas no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira idade do Concello do Vicedo.

Para consultar a lista pinchar no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es  (taboleiro anuncios)

lunes, 6 de abril de 2026

Cursos organizados por ES.MAR mes de abril

 Obradoiros do mes de Abril, dirixidos a profesionais do sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola, así como ao sector transformador e comercializador.


Máis información: https://rede-esmar.gal/es/

viernes, 27 de marzo de 2026

Acta tercer exercicio selección dun Técnico de urbanismo. Funcionario de carreira.

Publicada no taboleiro de anuncios do concello do Vicedo a  acta número 4 en relación co tercer exercicio da selección dun Técnico de urbanismo como funcionario de carreira: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

Apertura prazo adhesión dos comercios minoristas ao programa BONO ACTIVA COMERCIO

 ORDEN de 12 de marzo de 2026 por la que se establecen las bases reguladoras para la concesión en el año 2026 de las ayudas, en régimen de concurrencia no competitiva, del programa de dinamización e incentivación del consumo en los comercios minoristas de la Comunidad Autónoma de Galicia a través de los bonos Activa comercio, y se procede a laapertura del plazo para la adhesión de los comercios (código de procedimiento CO301B).

Máis información: https://bonosactivacomercio.gal/

PRÓXIMAMENTE XVI RUTA DE PINCHOS CONCELLO DO VICEDO


 

martes, 17 de marzo de 2026

Acta selección dous peóns de mantemento de zonas naturais e un peón de servizos múltiples subvencionado polo programa "Reforzo do emprego do plan Deputación de cooperación cos concellos 2025", da Excma. Deputación Provincial de Lugo

Publicada no taboleiro de anuncios do concello do Vicedo as  actas da selección dun peón de servizos múltiples e dous peóns de mantemento de zonas naturais, dentro do programa: reforzo do emprego do Deputación de cooperación cos concellos 2025, financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

viernes, 13 de marzo de 2026

Convocatoria probas obtención CELGAS

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2026, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga), niveis 1, 2, 3 e 4, no ano 2026 (código de procedemento PL500C).

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260313/AnuncioG0766-060326-0001_gl.pdf

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PL500C


Subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e de restauración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026

BENEFICIARIOS

Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as persoas físicas e xurídicas titulares de establecementos turísticos de aloxamento e de restauración que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teñan autorizado ou clasificado o establecemento turístico para o que se solicita a axuda (tipos de establecementos turísticos: a) os establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos e albergues turísticos; b) os restaurantes incluídos no Grupo I do artigo 77 da Lei 7/2011).

No caso das empresas, deberán estar comprendidas na definición de pequena e mediana empresa (PEME).

QUE SE SUBVENCIONA:

Poderán ser obxecto de subvención,, os seguintes investimentos: 

1. Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas. 

2. Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial o Q de Calidade Turística.

3. Actuacións destinadas á adaptación ás modificacións normativas e á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.

 4. Actuacións de renovación e modernización das instalacións e embelecemento da contorna da instalación. 

5. Equipamentos mobles necesarios para o funcionamento. 

6. Actuacións de mellora da climatización que favorezan a sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético, así como a instalación ou mellora de sistemas de extracción e renovación do aire. 

7. Actuacións de dixitalización dos sistemas de xestión e comercialización do establecemento. O investimento en equipamentos e telefonía móbil non poderá ser superior ao 5 % do orzamento total do proxecto ou da contía xustificada, de ser esta inferior a aquel. 

8. Adaptación dos sistemas de seguridade e saúde na prestación de servizos. 

9, Servizos profesionais vinculados ao proxecto, como honorarios técnicos de redacción do proxecto e de dirección de obra. Os honorarios técnicos non serán superiores ao 6 % do investimento neto admitido. 

IMPORTE SUBVENCIONABLE:

Os proxectos poderán acadar unha subvención de ata o 60 % (según a puntuación acadada polos proxectos) sobre o orzamento do investimento subvencionable. O importe máximo da axuda a cada entidade beneficiaria será de 60.000,00 euros. 

PRAZOS E LUGAR DA SOLICITUDE: as solicitudes deberán presentarse de forma electrónica, e o prazo de solicitude é dun mes a contar desde o 13/03/2026.

MÁIS INFORMACIÓN: contactar coa Axente de Emprego e Desenvolvemento Local ou pinchando nos seguintes enlaces: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=TU503A

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260312/AnuncioG0256-020326-0001_es.pdf

jueves, 12 de marzo de 2026

Acta selección auxiliar información turística subvencionado polo programa "Reforzo do emprego do plan Deputación de cooperación cos concellos 2025", da Excma. Deputación Provincial de Lugo

Publicada no taboleiro de anuncios do concello do Vicedo a  acta da selección dun auxiliar de información turística, dentro do programa: reforzo do emprego do Deputación de cooperación cos concellos 2025, financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

miércoles, 11 de marzo de 2026

Cursos sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola

Desde  ES·MAR  convocan obradoiros do mes de Marzo, dirixidos a profesionais do sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola, así como ao sector transformador e comercializador.

Para máis información e inscricións: https://rede-esmar.gal/es/

miércoles, 4 de marzo de 2026

Listas admitidos/excluidos definitiva para a selección de dous peóns de mantemento de zonas naturais, un peón de servizos múltiples e un auxiliar de información turística. Programa Reforzo do emprego 2025, financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo

No enlace que aparece a continuación, no apartado de emprego público do taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello (pinchar no + para ver tódalas publicacións), poden verse as resolucións da alcaldía publicadas no día de hoxe, polas que se aproban as listas de admitidos e excluidos definitivas para a para a selección de: DOUS PEÓNS DE MANTEMENTO DE ZONAS NATURAIS,  UN PEÓN DE SERVIZOS MÚLTIPLES E UN AUXILIAR DE INFORMACIÓN TURÍSTICA, a xornada completa, como persoal laboral temporal, dentro do programa: "Reforzo do emprego do Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2025", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

Recordamoslles que as probas de selección para o posto de auxiliar de información turística será o próximo día 12 de marzo de 2026, ás 10:00 horas, no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade de O Vicedo, e as probas de selección para os postos de peóns de mantemento de zonas naturais e peón de servizos múltiples serán o día 17 de marzo de 2026, ás 10:00 horas, tamén no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade de O Vicedo.


lunes, 2 de marzo de 2026

Axudas programa FOGAR VIVO, do Instituto Galego de Vivenda e Solo, para a mobilización de vivendas adicadas o alugamento


OBXECTO: a incorporación de vivendas ao mercado de alugamento a través dunha renda accesible.

TIPOS DE AXUDAS:

- Axuda para facer fronte ao custo da contratación dos seguros de impago de rendas e/ou seguros de multirrisco de fogar.

- Axuda para a adecuación e reparación da vivenda.

- Axuda vinculada á obtención da axuda para adecuación e reparación, para o caso de que a vivenda se alugue a menores de 36 anos ou con fillo/as menores de idade ou con persoas dependentes ao seu cargo con algún grado de discapacidade recoñecida.

REQUISITOS DAS VIVENDAS:

- Estar situadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

- Ser de titularidade privada e non estar suxeitas a ningún réxime de protección pública.

- Reunir as condicións adecuadas de habitabilidade e mantemento no momento de ofrecerse en alugamento.

- Estar vinculada o Programa durante un período mínimo de cinco anos cando a persoa propietaria ou usufrutuaria sexa unha persoa física ou sete anos, cando a persoa propietaria ou usufrutuaria sexa unha persoa xurídica.

- Non ter sido arrendadas durante os tres meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude da/s axudas/s. Este requisito poderá exceptuarse:

*Vivendas incorporadas na sección II (concellos colaboradores): cando por emerxencia social valorada servizos municipais, a vivenda xa estivera adxudicada a/s persoa/s arrendataria/s.

*Solicitudes de axudas de seguros e das axudas para a adecuación e reparación que xa conten con contrato de alugamento asinado: sempre que a solicitude se realice nun prazo máximo de quince días desde a sinatura do contrato. Neste suposto o prazo dos tres meses computaranse desde a data da sinatura do contrato.

- Non estar afectada por algunha circunstancia xurídica que impida o seu alugamento.

PRAZO SOLICITUDE: do 09/03/2026 ao 03/06/2026.

MÁIS INFORMACIÓN: https://igvs.xunta.gal/gl/axudas/programa-fogar-vivo-vi426f-e-vi426h

https://igvs.xunta.gal/sites/default/files/cadro-resumo-axudas-vi426-f-h.pdf

viernes, 27 de febrero de 2026

Axudas para fomentar a sustentabilidade dos establecementos expendedores de comidas e bebidas debidamente autorizados no litoral de Galicia da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

BENEFICIARIOS

Persoas traballadoras autónomas (RETA ou equivalentes).
As sociedades de calquera clase, incluídas as unipersoais e as comunidades de bens.
Requisito clave: explotar un establecemento de comidas e bebidas autorizado no litoral galego.

QUE SE SUBVENCIONA


Liña 1. Axudas para fomentar a sustentabilidade dos establecementos expendedores de comidas e bebidas («chiringuitos»).
Serán subvencionables as seguintes actuacións:
a) Instalación de peches compatibles coa lexislación sectorial de costas, solos, paneis e estruturas realizadas con materiais de baixo impacto ambiental, reutilizables ou con certificación ecolóxica.
b) Adquisición de mobiliario sostible: adquisición de mesas, cadeiras, barras e demais elementos fabricados con materiais reciclados, reciclables, biodegradables ou procedentes de madeira certificada de xestión forestal sostible.
c) Instalación de elementos de sombreado e protección solar compatibles coa lexislación sectorial de costas: toldos, pérgolas, paraugas e outros sistemas de sombreado que empreguen tecidos reciclados, naturais ou con tratamentos de eficiencia enerxética que reduzan a radiación e o consumo eléctrico asociado á climatización.
d) Instalación de iluminación eficiente: incorporación de sistemas de iluminación LED ou de baixo consumo, así como dispositivos de control automático que optimicen o uso enerxético.
e) Xestión de residuos: adquisición de colectores diferenciados para a recollida selectiva de residuos, sistemas de compostaxe ou dispositivos que faciliten a redución de plásticos desbotables.
f) Equipamento de aforro de auga e enerxía: instalación de billas con temporizador, sistemas de reutilización de augas grises, paneis solares ou outros dispositivos que contribúan á eficiencia hídrica e enerxética do establecemento.
g) Accesibilidade e adaptación sostible: actuacións que melloren a accesibilidade universal mediante solucións respectuosas coa contorna e que favorezan a integración paisaxística do establecemento.

Liña 2. Proxecto de investimento integral para a adaptación ao prototipo dalgún dos tres «chiringuitos» biosostibles premiados no concurso de ideas da Xunta de Galicia.

IMPORTE SUBVENCIONABLE
• Liña 1:
o          Ata o 50% do investimento
o          Máximo: 10.000 €
• Liña 2:
o          Ata o 70% do investimento
o          Máximo: 20.000 €
En ambos os casos o investimento subvencionable de acordo co disposto nesta orde deberá ser superior a 1.500 euros.

PRAZOS
Do 3 de febreiro de 2026 (12:00 h) ao 4 de maio de 2026 (23:59 h).
Para os efectos da concesión das axudas, terase en conta a orde cronolóxica de entrada das solicitudes.

LUGAR DE SOLICITUDE
Presentación obrigatoria a través https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MT975Z&ano=2026&numpub=1&lang=es&c=empresasda sede electrónica da Xunta de Galicia.

OUTROS REQUISITOS

a) Só caberá presentar unha solicitude por establecemento. Cada solicitude poderá conter varias actuacións.
b) A persoa solicitante debe ter a plena dispoñibilidade de explotación dun establecemento.


 



Listas admitidos/excluidos provisionais para a selección de dous peóns de mantemento de zonas naturais, un peón de servizos múltiples e un auxiliar de información turística. Programa Reforzo do emprego 2025, financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo

No enlace que aparece a continuación, no apartado de emprego público do taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello (pinchar no + para ver tódalas publicacións), poden verse as resolucións da alcaldía publicadas no día de hoxe, polas que se aproban as listas de admitidos e excluidos provisionais para a para a selección de: DOUS PEÓNS DE MANTEMENTO DE ZONAS NATURAIS,  UN PEÓN DE SERVIZOS MÚLTIPLES E UN AUXILIAR DE INFORMACIÓN TURÍSTICA, a xornada completa, como persoal laboral temporal, dentro do programa: "Reforzo do emprego do Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2025", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

Recordamoslles que as probas de selección para o posto de auxiliar de información turística será o próximo día 12 de marzo de 2026, ás 10:00 horas, no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade de O Vicedo, e as probas de selección para os postos de peóns de mantemento de zonas naturais e peón de servizos múltiples serán o día 17 de marzo de 2026, ás 10:00 horas, tamén no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade de O Vicedo.

Segundo se establece na resolución os excluídos dispoñen dun prazo de dous días hábiles, é decir, dos días 2 e 3 de marzo para efectuar as alegacións que estimen oportunas ou corrixir, no seu caso, os erros que proceda.


miércoles, 25 de febrero de 2026

Lista definitiva de admitidos/excluídos para a selección dun/dunha AXENTE TIC

Publicouse no día de hoxe, 25/02/2026, a lista de admitidos e excluídos definitiva en relación coas bases  publicadas no BOP de Lugo de 06/02/2026, e expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica, para a contratación como funcionario interino, mediante concurso-oposición, dun/dunha AXENTE TIC, a xornada parcial (20 horas/semana), para a aula CEMIT.

As probas e valoración de méritos terán lugar o día 02 de marzo de 2026, ás 10:00 horas, no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira idade do Vicedo, sita na rúa Cidade de Mondoñedo, nº 23 O Vicedo.

Para máis información ou consulta das listas contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

martes, 24 de febrero de 2026

Xornada para a obtención do certificado dixital e a clave permanente na Casa da Cultura do Vicedo

 A semana que ven, concretamente o martes 3 de marzo pola mañá na Casa da Cultura,  hai unha nova edición destas xornadas onde vos asesoran cos trámites e xestións máis habituais coa administración do estado, resolven dúbidas e o máis importante: Podedes obter alí mesmo o certificado dixital e clave permanente e levalo instalado no móbil ou para instalar no PC. Con este certificado poderedes presentar escritos ou facer trámites online, consultas, etc en calquera administración (por exemplo concellos, Xunta de Galicia, Seguridade social, Facenda, DGT, emprego, Catastro, etc). Tamén poderedes asinar documentos e outros trámites. É unha boa oportunidade xa que normalmente para obter o certificado hai que desprazarse a oficinas de Facenda, etc e aquí levarédelo no momento, xa que veñen os técnicos da subdelegación do goberno aquí.

Para organizar a xornada reservaremos turnos, xa podedes pasar pola Casa da Cultura ou chamar ao 92 59 01 95, serán turnos duns 15 minutos.




jueves, 19 de febrero de 2026

CURSO PESCA & TURISMO GALP A MARIÑA-ORTEGAL_23-27 FEBREIRO BURELA

Datas de celebración: semana do 23 ao 27 de febreiro

Horario: de 16:30-20:30

Lugar: Burela – Confraría de Pescadores

Unha novidade a destacar é que o curso poderá facerse en formato presencial ou online, accedendo por videoconferencia en tempo real, naqueles casos nos que non sexa posible a asistencia física, para o cal deberá achegarse dirección de correo electrónico para poder enviar os enlaces para cada día.

Recordamos que este curso está especialmente pensado para:

  • Persoas que nunca emprenderon.
  • Profesionais que xa fixeron outros cursos pero aínda non deron o paso.
  • Quen ten unha idea de turismo mariñeiro ou pesca-turismo e non sabe por onde comezar.

¿Que ofrece este curso?

  • Formación práctica necesaria para exercer a actividade.
  • Acompañamento personalizado nos primeiros pasos do proxecto.
  • Ferramentas clave para crear un proxecto sólido, seguro e ligado ao territorio.

 Unha oportunidade para converter o teu coñecemento do mar nunha nova saída profesional.

Rogamos a difusión deste evento entre persoas, entidades ou colectivos do sector que poidan estar interesados.

Información e inscripcións:

��Teléfono: 982 56 33 55 / 606 85 85 06

��Correo electrónico: galp.mar.marinaortegal@xunta.gal

 

Lista provisional de admitidos/excluídos para a selección dun/dunha AXENTE TIC

Publicouse no día de hoxe, 19/02/2026, a lista de admitidos e excluídos provisional en relación coas bases  publicadas no BOP de Lugo de 06/02/2026, e expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica, para a contratación como funcionario interino, mediante concurso-oposición, dun/dunha AXENTE TIC, a xornada parcial (20 horas/semana), para a aula CEMIT.

O prazo para subsanar erros ou aportar documentación é de dous días hábiles (non contan nin sábados, nin domingos, nin festivos)a contar dende o día seguinte ó da publicación, polo tanto serán os días 20 e 23 de febreiro de 2026.

As persoas que non entreguen neste concello a documentación, é decir que a presenten noutros rexistros habilitados, deberán adelantar toda a documentación ao correo electrónico: concello@concellodovicedo.org, dentro do prazo establecido para a subsanación de erros, a parte da súa presentación no rexistro correspondente.

As probas e valoración de méritos terán lugar o día 02 de marzo de 2026, ás 10:00 horas, no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira idade do Vicedo, sita na rúa Cidade de Mondoñedo, nº 23 O Vicedo.

Para máis información ou consulta das listas contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

Data da realización do terceiro exercicio do proceso de selección dun técnico de urbanismo, funcionario de carreira

Publicado no día de hoxe, anuncio coa data da realización do terceiro exercicio, en relación co proceso de selección para dar cobertura a unha praza de técnico de urbanismo do Concello do Vicedo, como funcionario de carreira.

A realización do terceiro exercicio terá lugar o día 25 de febreiro de 2026 ás 10:00 horas no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira idade do Concello do Vicedo, tendo os aspirantes que presentar documentación identificativa.

Para consultar a lista pinchar no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es  (taboleiro anuncios)

Curso de reciclaxe para socorristas

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2026 pola que se convocan cursos de reciclaxe de socorrismo acuático válidos para a renovación da inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia.

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260216/AnuncioO3C2-060226-0001_gl.html

Curso de salvamento e socorrismo en Cervo

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2026 pola que se convocan seis edicións do curso formación específica de socorrismo en instalacións e espazos acuáticos naturais destinado ás persoas interesadas no desenvolvemento do exercicio profesional de socorrismo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Convócanse varios cursos, entre eles o seguinte:

Curso de formación específica de socorrismo e salvamento en instalacións e espazos acuáticos naturais. Lugar de realización: Cervo (Lugo). Datas de realización: 4, 5, 11, 12, 18, 19, 25, 26 de abril, 2, 3, 9, 10, 16, 17, 23, 24, 30 de maio.

Prazo de inscrición: comeza mañá día 20 de febreiro e remata o 2 de marzo de 2026. A asignación das prazas ten en conta a orde de presentación das solicitudes.

Máis información:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260219/AnuncioO3C2-090226-0001_gl.pdf 

miércoles, 18 de febrero de 2026

Cursos para a obtención da certificación galega de competencias dixitais

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2026 pola que se convocan cursos titorizados en liña con aproveitamento activo e avaliación continua, para a obtención da certificación galega en competencias dixitais (ComDix), no seu nivel de iniciación.

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260218/AnuncioG0177-050226-0001_gl.html 

Axudas a empresas para implantar a igualdade laboral e para o fomento da economía social

ORDE do 29 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (códigos de procedemento TR357B, TR357C e TR357D).

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260218/AnuncioG0767-301225-0010_gl.pdf

ORDE do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-Economía Social) e se convocan para o ano 2026 (códigos de procedemento TR802G e TR802J).

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260218/AnuncioG0767-130126-0012_gl.html

lunes, 16 de febrero de 2026

Ofertas de emprego varias. Programa de reforzo do emprego do Plan Deputación de Cooperación cos concellos 2025, financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo

No BOP de Lugo do día 14/02/2026 publícase a convocatoria para a selección dun/dunha AUXILIAR DE INFORMACIÓN TURÍSTICA, dun PEÓN DE SERVIZOS MÚLTIPLES e de DOUS PEÓNS MANTEMENTO DE ZONAS NATURAIS , a xornada completa, dentro do programa de reforzo do emprego do Plan Deputación de Cooperación cos concellos 2025, financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo.

O prazo de solicitude é de 10 días naturais  contados a partir do seguinte á publicación das bases no BOP.

Para máis información ou consulta das bases e convocatoria, contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local do Concello do Vicedo ou pinchar no seguinte aquí  https://concellodovicedo.sedelectronica.es