lunes, 1 de marzo de 2010

PLAN IMPULSA LUGO

¿QUE E O PROXECTO IMPULSA LUGO?
É un proxecto posto en marcha pola Xunta de Galicia que contempla unha liña de axudas específicas á dinamización do tecido empresarial da provincia de Lugo.

¿A QUEN VAI DIRIXIDO?
Empresas e emprendedores que teñan un proxecto empresarial de implantación na provincia de Lugo

LIÑAS DE AXUDA:
· Axudas directas ao investimento empresarial superior a 200.000 €, establecéndose un garante mínimo de subvención do 20% para proxectos de primeira implantación e do 15% para proxectos de ampliación, modernización ou innovación tecnológica. Ditos parámetros serán de aplicación a todas aquelas solicitudes non resoltas presentadas dendeo o 24 de setembro de 2009.

· Préstamos ao 0% de xuro para proxectos empresariais que comprendan unha inversión subvencionable de entre 240.000 € e 25.000.000 €.

· Nos créditos ICO-IGAPE, a subsidiación do tipo de xuro do 2.65% será extensible a toda a provincia.

· A localización dos proxectos na provincia de Lugo contará coa avaliación máxima do criterio da localización para tódalas solicitudes das liñas de convocatoria periódica do IGAPE polo sistema de concurrencia competitiva.

· Financiación para inversións, circulante, conversión de pasivos, amplicación de capital, entre outras axudas xerais do instuttuto.

· Apoio técnico e asesoramento do proxecto empresarial a desenvolver.

No hay comentarios: