viernes, 27 de agosto de 2010

CURSOS PARA DESEMPREGADOS

Aberto o prazo ata o 14 de setembro para inscribirse nos cursos organizados polo Inludes para desempregados. Contemplanse dous grupos de accións formativas dirixidas a dous perfiles de beneficiarios diferentes:

- Perfil A (desempregados en xeral)
1) Formación específica:
- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio.
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.

2) Formación complementaria:
- Cuidador de discapacitados físicos e psíquicos.
- Atención especializada a enfermos de alzheimer.
- Técnico en transporte sanitario.
- Auxiliar de enfermería xeriátrica.


- Perfil B (desempregados con dificultades de inserción laboral: menores de 30 anos, maiores de 45 anos, parados de máis de 1 ano de duración, colectivos en risco de exclusión social).
1) Formación específica:
- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio.
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.
- Servizos de restaurante.
- Operacións básicas de pisos e aloxamentos.
- Promoción turística local e información ó visitante.
- Operacións auxiliares de fabricación.
- Aprobeitamentos forestais.

2) Formación complementaria:
- Coidador de discapacitados físicos e psíquicos.
- Atención especializada a enfermos de alzheimer.
- Técnico en transporte sanitario.
- Auxiliar de enfermería xeríatrica.
- Animador sociocultural.
- Monitor de actividades de tempo libre infantil e xuvenil.

En ambos casos, para participar na formación complementaria será necesario ter realizado previamente o curso ó que complementan, haber participado en outras accións formativas cun programa formativo coincidente ou poseer o certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia profesional.


REQUISITOS E DOCUMENTACIÓN A APORTAR
Os requisitos que deberán cumprir os beneficiarios son:
- Nivel formativo igual ou superior ó graduado escolar, certificado de estudos anterior a 1975 ou titulación equivalente.
- Pertencer a un dos perfiles establecidos.
- Estar empadroado preferentemente en algún municipio da provincia de Lugo, excepto o municipio de Lugo.

A documentación que deberán aportar os interesados é a seguinte:
- Fotocopia do DNI.
- Fotocopia da tarxeta de demandante de emprego.
- Documento acreditativo da formación mínima.
- Fotocopia do libro de familia no caso de ser familia numerosa.
- No caso de encontrarse en situación de precariedade económica deberase acreditar dita situación cun informe dun traballador social.


REMUNERACIÓN
Concederase ós participantes unha axuda equivalente ó 75% do IPREM do ano 2010 (465,95€).
Estas axudas serán compatibles coa percepción da prestación e subsidio por desemprego, ainda que o conxunto das rendas percibidas polo beneficiario, incluido o importe da beca, non poderá superar o 75% da contía fixada para dito indicador.


Para máis información e inscripcións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local sita na Casa da Cultura.

No hay comentarios: