O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) convocou axudas para a compra de mobles de madeira para o fogar e colchóns (Plan Remóblate Galicia), sendo o prazo de presentación de solicitudes desde o próximo día 10 de novembro ata o 15 de decembro do 2010, ou ata o esgotamento do crédito.
Estas axudas a fondo perdido a particulares tramitaranse a través dos comercios de mobles adheridos ó programa, e o seu principal obxectivo e incentivar a demanda de mobles.
A inversión mínima son 600 euros, e a axuda do IGAPE un 7% máximo 280 euros, e a parte o establecemento e o fabricante adherido deberán facer un desconto do 8%.
Si lle interesa a adhesión a este programa poderá obter máis información na oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, Manuela Domínguez, sita na Casa de Cultura, ou na páxina web www.igape.es/remoblate
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario