Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, dunha auxiliar de axuda a domicilio, a xornada completa, desde o próximo 15 de decembro ata o 14 de maio do 2011.
Requisitos:
-Ter nacionalidade española, sen perxuízo no disposto no estatuto básico do empregado público, sobre o acesso ó emprego público de nacionais doutros estados.
-Ter cumpridos os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa
-Declaración xurada do aspirante de non haber traballado para este concello máis de 18 meses nos 30 últimos.
-Dispor de vehículo propio e carné de conducir para desplazarse polo municipio.
-Estar en posesión da titulación de estudios primarios, certificado de escolaridade ou equivalente.
-Estar en posesión de curso homologado de auxiliar de axuda a domicilio ou atención socio-sanitaria a persoas no domicilio.
O prazo de presentación de solicitudes remata o próximo día 13, ás 10:00 da mañá.
Para máis información e solicitudes contactar coa Axente de emprego e desenvolvemeto local, con oficina sita na Casa de Cultura.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario