lunes, 28 de marzo de 2011

AXUDAS PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO DA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Persoas beneficiarias:
1.- As persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en traballadores/as autónomos/as ou por conta propia, sempre que:

• Sexan titulares ou cotitulares do negocio ou explotación, ou ben formen parte de sociedades civís ou comunidades de bens sempre que as soliciten a título persoal.

• Se dean de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.

• Non percibisen subvencións ao abeiro do programa de promoción do emprego autónomo nos catro anos anteriores á data do inicio da nova actividade.

* Non desenvolvesen como traballadores/as autónomos/as a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos 6 meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estiveran de alta como traballadores/as autónomos/as en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, sempre que a dita situación de alta presupoña actividade, nos 3 meses inmediatamente anteriores.

2.- As persoas beneficiarias da subvención pola primeira contratación indefinida serán os traballadores ou traballadoras autónomos/as ou profesionais, que realicen esta contratación durante o primeiro ano de actividade, para prestar servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia.


Tipos de axuda:


• Subvención polo establecemento como traballador ou traballadora autónoma ou por conta propia.

. Subvención financeira.

• Subvención para asistencia técnica.

• Subvención para formación.

• Axuda excepcional para o financiamento dos primeiros gastos da actividade.

• Subvención pola primeira contratación indefinida.


Prazo de solicitudes:


O prazo xeral para a presentación de solicitudes das distintas axudas deste programa será de un mes desde a data da solicitude de alta na Seguridade Social ou mutualidade do colexio profesional ou desde realizada a contratación indefinida. En todo caso, este prazo finalizará o 30 de setembro de 2011, aínda que non transcorreran dous meses desde a dita alta (art. 11º.2).

As actuacións realizadas entre o 1 de xullo do 2010 e o 25 de marzo do 2011, poderán acollerse a esta axuda e o prazo de solicitude remata o 29 de abril de 2001.


Máis información e solicitudes: oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

No hay comentarios: