miércoles, 1 de febrero de 2012

ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES, INDUSTRIAIS E AUTÓNOMOS DE O VICEDO

A ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES, INDUSTRIAIS E AUTÓNOMOS DE O VICEDO fundanda recentemente, comenza a súa actividade con 35 socios/-as e dúas iniciativas para este mes de febreiro:


1º) SORTEO DUNHA CESTA DE ENTROIDO. Todos os socios/-as entregarán os seus clientes papeletas para o sorteo de dita cesta, coincidindo co sorteo da lotería nacional do vindeiro 18/02/2012.


2º) XORNADAS GASTRONÓMICAS DO ENTROIDO NA HOSTELERÍA. Os días 18 e 19 de febreiro, os establecentos hosteleros adheridos á asociación ofrecerán os seus clientes unha ración de cocido por dous euros e postres típicos de carnaval gratis. Os locais participantes son: Hostal Don Manuel, Café-Bar San Esteban, Café-bar Santo Domingo, Cafetería Plaza, Mesón O Remo, Restaurante Os Cruces e “A Bodeguita” en Vicedo e Restaurante “Areagrande” na praia de San Román.

No hay comentarios: