Están expostas no taboleiro de anuncios do concello
as bases para a contratación laboral temporal, mediante
concurso-oposición, dun educador infantil para o Punto de atención á
infancia municipal, desde o próximo día 1 de setembro de 2012 ata o 31 de agosto do 2013
Os requisitos para os candidatos son:
2º)Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
3º)Estar en posesión do título de Técnico superior en educación infantil ou mestre especializado en educación infantil.
4º)Ter coñecementos de primeiros auxilios.
5º)Dispoñer do carné de manipulador de alimentos.
6º)Estar vacinado contra a rubéola.
7º)Non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes a ese posto.
Os tres primeiros requisitos deberán acreditarse antes de que finalize o prazo de presentación de instancias (así como os méritos alegados), e os restantes só deberá acreditalos a persoa seleccionada antes da dación de alta.
O
prazo de inscrición finaliza o día 17 de agosto ás 9:30 horas, a
partir das 10:00 do mesmo día realizaranse as probas de selección na Casa do Concello
Para
máis información e inscricións contactar coa Axente de emprego e
desenvolvemento local, con oficina sita na Casa da Cultura de O Vicedo,
ou no propio concello.
No hay comentarios:
Publicar un comentario