lunes, 10 de junio de 2013

OFERTA DE EMPREGO

O Concello de O Vicedo selecciona TRES CONDUCTORES PARA A MOTOBOMBA para a temporada de verán/2013. A duración do contrato é de tres meses e medio con data de inicio prevista para o 01 de xullo.

Algúns dos requisitos que deben cumprir os candidatos son:

- Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
- Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
- Estar en posesión do certificado de estudios primarios ou certificado de escolaridade.
- Estar en posesión do carné de conducir tipo C, e de ser o caso, certificado de aptitude profesional (CAP).

O prazo de solicitude remata o próximo día 18 de xuño, ás 9:30 horas, celebrándose ese mesmo día o proceso selectivo a partir das 13:00 horas na Casa da Cultura.

Para máis información, contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local do concello, con oficina sita na Casa da Cultura, ou chamar ó 982590195.



No hay comentarios: