¿QUEN PODE SOLICITAR?
Comerciantes
minoristas que:
a) Que desenvolvan a súa actividade
comercial en Galicia e, así mesmo, o seu domicilio social e fiscal radique na
dita comunidade autónoma.
b) Que, tendo a condición de peme
conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea na súa Recomendación
2003/361/CE, do 6 de maio de 2003 (DOUE nº 124, do 20 de maio, p. 36),
empreguen menos de dez (10) traballadores e non teñan a consideración de grande
establecemento comercial segundo a normativa aplicable.
c) Estar dado de alta nalgunha das
epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II. A data de alta no imposto de actividades económicas ten que estar
comprendida entre o 1 de novembro de 2013 e o 30 de xuño de 2014, ambos
incluídos, e considerarase para todos os efectos como data de inicio da
actividade.
d) Que figure inscrito no Rexistro Galego de Comercio ou ter solicitada a
inscrición con anterioridade á data de finalización do prazo de presentación de
solicitudes.
¿QUE SE SUBVENCIONA E CANTO?
Considéranse
actuacións subvencionables sempre que estas sexan realizadas e efectivamente
pagadas desde o 1 de novembro de 2013 ata a data límite de xustificación, 10 de
novembro de 2014, a adquisición de:
1)
Acondicionamento do local comercial, sempre que a superficie resultante non
supere os 150 m². Non será de aplicación esta limitación de superficie para as
actividades encadradas baixo a epígrafe do IAE 653.1. Esta actuación será
subvencionable na superficie comercial dedicada á venda.
Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 12.000,00 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.
Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 12.000,00 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.
2) Medidas
orientadas á mellora da imaxe exterior e adquisición de moblaxe e equipamento
dedicado ao desenvolvemento da actividade comercial e para uso exclusivo na
superficie de venda. Quedan excluídos neste punto, os equipamentos
informáticos, impresoras, televisións, monitores, sistemas de alarma ou
similares.
Para estas
actuacións o investimento máximo subvencionable será de 6.000,00 euros, IVE
excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.
3) Investimentos
en tecnoloxías da información e da comunicación: terminais de punto de venda
(TPV integrado), paquetes de software de xestión comercial e páxinas web
comerciais.
As páxinas web deberán dispor de navegación por menús e conter como mínimo páxinas de presentación da empresa, detalle da actividade comercial realizada, localización do establecemento comercial, contacto e información dos produtos que oferta.

actuacións o investimento máximo subvencionable será de 2.000,00 euros, IVE
excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.
Non serán
subvencionables os impostos recuperables ou repercutibles polo beneficiario.
En ningún caso os solicitantes poderán superar polo conxunto de subvencións a que concorran o límite máximo de investimento subvencionable de 20.000,00 euros, IVE excluído.
En ningún caso os solicitantes poderán superar polo conxunto de subvencións a que concorran o límite máximo de investimento subvencionable de 20.000,00 euros, IVE excluído.
FIN PRAZO SOLICITUDE: 30/06/2014.
No hay comentarios:
Publicar un comentario