Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a
contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha
AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (28,5 horas/semana),
durante seis meses, sendo a data de inicio prevista o día 14 de abril.
O prazo de inscrición remata o vindeiro día 06 de abril, ás 15:00 horas. A selección realizarase o día 07 de abril de 2015, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario