Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a
contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun ANIMADOR
SOCIOCULTURAL,
a xornada completa, durante a tempada de verán/2015 (3 meses), con adscrición ao
Centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade do concello do Vicedo.
O prazo de presentación de solicitudes remata o próximo día 15 de xuño, ás 15:00 horas. Realizándose o proceso de selección o día seguinte, 16 de xuño, a partir das 11:30 h. na Casa da Cultura.
Para máis información e inscricións contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local con oficina sita na Casa da Cultura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario