A Consellería de Economía, Emprego e Industria concedeu unha axuda a este concello para a organización dun CURSO DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS (PLAN AFD), dirixido prioritariamente a persoas desempregadas.
Os/-as interesados/-as deberán estar inscritos na oficina de emprego de Viveiro.
Requisitos de acceso: o ser un curso de nivel 2 a titulación mínima sería a ESO ou equivalente.
No caso de superar o curso, obterían o correspondente certificado de profesionalidade expedido pola Xunta de Galicia.
Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello, teléfono: 982590195/982590029.
No hay comentarios:
Publicar un comentario