Está previsto proximamente por en funcionamento un Obradoiro de emprego
conxunto para os concellos de O Vicedo, Ourol e Muras, denominado "Río
Sor IV". O número de alumnos/-as participantes é de 20, correspondendo 10 a
este concello e distribuidos do seguinte xeito:
- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio: 4 persoas.
- Traballos de carpintería e moble: 6 persoas.
Os candidatos deberán estar inscritos como
desempregados na oficina de emprego de Viveiro e carecer de ocupación
nese momento, ademáis doutros requisitos que poden establecerse nas
bases de selección. Para a especialidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio é necesario ter unha titulación mínima: ESO ou equivalente.
Os interesados deben pasar pola oficina de emprego de Viveiro para inscribirse
especificamente para Obradoiros de emprego e nunha das dúas
especialidades en concreto.
Ademáis, contratarase outro persoal de xestión e apoio: un director, monitores un adminsistrativo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario