Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a
contratación laboral temporal, con carácter urxente, mediante concurso-oposición, dunha
AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (35
horas/semana), con adscrición ao srvizo municipal de axuda ó fogar do
concello do Vicedo. Sendo a data de
inicio prevista é o día 14 de outubro, e por un período de seis meses.
O prazo de inscrición remata o vindeiro día 05 de outubro, ás 09:30 horas. A selección realizarase ese mesmo día, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario