Beneficiarios:
Persoas
físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, comunidades de bens, etc… que desenvolvan
a súa actividade comercial en Galicia e teñan domicilio social e fiscal en
Galicia; que teñen a condición de peme e empreguen a menos de 10 traballadores
e non teñan consideración de grande establecemento comercial; que estean de
alta nun IAE do anexo II; que teñan unha superficie comercial ≤150m2
(excepto IAE 653.1).
Solicitudes: obrigatoriamente
presentación electrónica para persoas xurídicas i entidades sen personalidade
xurídica. As persoas físicas poderán presentala electrónicamente ou en papel.
Prazo de
presentación de solicitudes: Ata o 15 de xullo de 2017.
Actuacións
subvencionables: S
a) Proxectos de modernización integral do local comercial
incluídos nun proxecto técnico de decoración e interiorismo, en particular: as
obras de reforma e acondicionamento integral da superficie de exposición e
venda do local comercial; a adquisición de moblaxe destinada á mellora da imaxe
comercial e adquisición de equipamento especializado para a exposición do
produto que sexa necesario para o desenvolvemento da actividade comercial e de
uso exclusivo na superficie de exposición e venda; as actuacións de mellora da
fachada exterior do local comercial e a instalación de toldos, carteis, letreros
e similares.
Porcentaxe
de axuda: 50% do investimento máximo subvencionable. O investimento
subvencionable será mínimo de 15.000 € e máximo de 30.000 € (IVE excluído). O
investimento subvencionable amplíase ata 2.000 € para atender o custo do
proxecto técnico sempre que non supere o 10% do investimento total solicitado.
b) Proxectos de renovación e mellora da imaxe comercial, sempre
que impliquen unha renovación clara e directa da imaxe do establecemento
comercial, en particular: obras de reforma e acondicionamento da superficie de
exposición e venda do local comercial; adquisición de moblaxe destinada á
mellora da imaxe comercial e adquisición de equipamento especializado para a
exposición do produto que sexa necesario para o desenvolvemento da actividade
comercial e de uso exclusivo na superficie de exposición e venda; actuacións de
mellora da fachada exterior do local comercial e a instalación de toldos,
carteis, letreiros e similares.
Porcentaxe
de axuda: 40% do investimento máximo subvencionable. O investimento
subvencionable será:
1.
En obras de reforma e acondicionamento da superficie de exposición e venda do
local comercial:
-
para establecementos con superficie de exposición e venda <50m sup="">250m>
-
para establecementos con superficie de exposición e venda ≥50m2, o
investimento mínimo non pode ser inferior a 3.000 € (IVE excluído).
- o
investimento máximo subvencionable será 60 €(IVE excluído) por m2 de
superficie de exposición e venda.
2.
O investimento máximo subvencionable para para o conxunto das actuacións: 9.000
€ (IVE excluído).
c) Servizos dun xestor de redes sociais. A axuda consistirá nun
ticket para a xestión de redes sociais, no marco do Programa de Social Comerse
que se vai desenvolver en colaboración coa Federación Galega de Comercio
durante o ano 2017.
As actuacións teñen que ser realizadas e pagadas entre o día 01/01/2017 e o 30/10/2017.
Para máis información, pinchar no enlace seguinte, ou contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello:
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170615/AnuncioG0424-060617-0003_gl.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario