O Concello de O Vicedo selecciona persoal para a brigada municipal de
prevención e defensa contra incendios forestais para a tempada de
verán/2017. A duración do contrato é de tres meses con data de inicio
prevista para o 17 de xullo.
Os postos de traballo convocados son:
- 3 PEÓNS DE PREVENCIÓN E DEFENSA DE INCENDIOS FORESTAIS.
- 1 PEÓN CONDUCTOR DE PREVENCIÓN E DEFENSA DE INCENDIOS FORESTAIS.
- 1 XEFE DE BRIGADA.
Están publicadas as bases de selección para tódalas postos no taboleiro de anuncios do concello e o prazo de inscrición remata o día 15 de xuño, ás 15:00 horas.
A proba de esforzo realizarase o día 20 de xuño, ás 12:30 horas, e os
que a superen continuaran co proceso de selección o día 27 de xuño, ás
10:00 horas, na Casa da Cultura.
Para máis información, contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local do concello, con oficina sita na Casa da Cultura, ou chamar ó 982590195.
No seguinte enlace pode consultar bases e descargar os modelos de solicutude: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board/9753e838-f59b-11de-b600-00237da12c6a/
No hay comentarios:
Publicar un comentario