jueves, 1 de junio de 2017

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun ANIMADOR/-A SOCIOCULTURAL, a xornada completa, durante a tempada de verán/2017 (3 meses), con adscrición ao Centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade do concello do Vicedo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o próximo día 12 de xuño, ás 15:00 horas. Realizándose o proceso de selección o día 14 de xuño, a partir das 10:00 h. na Casa da Cultura.

Para máis información e inscricións contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local.

No seguinte enlace pode consultar bases e descargar os modelos de solicutude: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board/9753e838-f59b-11de-b600-00237da12c6a/

No hay comentarios: