miércoles, 4 de agosto de 2021

CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE. ORDE do 20 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través dos Programas I e II, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (códigos de procedemento TR341D e TR349F).

 

Dous tipos de axuda compatibles:

a)      Programa I: promoción do emprego autónomo TR341D, axuda económica de 2.000 a 10.000 euros dependendo da condición. Para altas no RETA DO 1 DE OUTUBRO DE 2020 ATA O 30 DE SETEMBRO DE 2021 INCLUIDOS. Prazo de presentación: do 5 de agosto ata 30 de setembro 2021 (condicionada a existencia de crédito). Documentación: anexos da orde, alta no censo (modelo 036 ou 037), docuemntación acreditativa do colectivo polo cual se opta na axuda, nos casos de emigrante retornado acreditar o nacemento en Galicia e as relación de parentesco asi como certificado de emigrante retornado, no caso de comunidades de bens o sociedades civis documento de creación, declaración responsable de capacidades. Obrigas: manter a alta no RETA 18 meses e a forma xurídica un ano.

b)      Programa II: bono contratación para contratación idefinida inicial e bono de formación para estas contratacións. Para primeira, segunda e terceira contratación indefinida. Prazo: dous meses para contratacións realizadas entre o 1 de outubro de 2020 e o 04 de agosto de 2021; para as demáis contratacións ata o último día do segundo mes seguinte ao que se realice a contratación, e en todo caso co límite do 30 de setembro de 2021. A axuda irá de 4.000 a 22.500 euros dependendo do número de contratacións indefinidas e do colectivo ao que pertenza a persoa contratada. Son compatibles coas bonificacións á Seguridade Social. Obrigas: manter a contratación un mínimo de dous anos.

Destacar:  Por orde de presentación ata esgotamento do crédito.

Para máis información contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local ou consultar en: https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

No hay comentarios: