Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha PEÓN-CONDUTOR baixo a modalidade de contrato de traballo de sustitución (cubrir vacacións e outros descansos), a xornada completa, desde o próximo día 3 de xullo de 2023.
O prazo de inscrición comenza mañá día 14 e ata o 20 de xuño de 2023, ambos inclusive, realizándose o proceso de selección o día 21 de xuño de 2022, ás 12:30 horas, na Casa de Cultura do Vicedo.
Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board
No hay comentarios:
Publicar un comentario