jueves, 23 de enero de 2025

AXUDAS A PERSOAS FÍSICAS PARA A CORRECCIÓN DE IMPACTOS PAISAXÍSTICOS EN VIVENDAS E CERRAMENTOS

 

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a persoas físicas, xestionadas polo Instituto de Estudos do Territorio, e se establece a súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento MT402A), tramitado como expediente anticipado de gasto.

Subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a execución de actuacións de corrección de impactos paisaxísticos, de conformidade cos valores paisaxísticos recollidos no Catálogo das paisaxes de Galicia e criterios que expresan as directrices da paisaxe de Galicia; concretamente, as relacionadas no artigo segundo da resolución:

  • Actuacións de restauración e/ou revestimento de elementos de fachada.

  • Remate, renovación e/ou substitución do acabamento exterior de cubertas.

  • Recuperación, restauración e/ou revestimento de muros de peche de terreos.

Prazo: do 20 de xaneiro ata o 20 de febreiro.

Solicitudes so mediante tramitación electrónica na sede da Xunta de Galicia; procedemento MT 402A.

Máis información no Diario Oficial de Galicia (https://www.xunta.gal ) ou na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal)

lunes, 13 de enero de 2025

Oferta de emprego: auxiliar de axuda no fogar a xornada completa

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición é de cinco días hábiles a contar a partir da publicación das bases, polo tanto, comenza mañá día 14 de xaneiro e remata o día 20 de xaneiro de 2025. As probas de selección realizaranse o día 23 de xaneiro de 2025, ás 10:00 horas, na casa consistorial do Concello do Vicedo.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es

martes, 7 de enero de 2025

Oferta de emprego: auxiliar de axuda no fogar a xornada completa

 

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición é de cinco días hábiles a contar a partir da publicación das bases, polo tanto, comenza mañá día 8 de xaneiro e remata o día 14 de xaneiro de 2025. As probas de selección realizaranse o día 16 de xaneiro de 2025, ás 10:00 horas, na casa consistorial do Concello do Vicedo.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es