lunes, 2 de marzo de 2026

Axudas programa FOGAR VIVO, do Instituto Galego de Vivenda e Solo, para a mobilización de vivendas adicadas o alugamento


OBXECTO: a incorporación de vivendas ao mercado de alugamento a través dunha renda accesible.

TIPOS DE AXUDAS:

- Axuda para facer fronte ao custo da contratación dos seguros de impago de rendas e/ou seguros de multirrisco de fogar.

- Axuda para a adecuación e reparación da vivenda.

- Axuda vinculada á obtención da axuda para adecuación e reparación, para o caso de que a vivenda se alugue a menores de 36 anos ou con fillo/as menores de idade ou con persoas dependentes ao seu cargo con algún grado de discapacidade recoñecida.

REQUISITOS DAS VIVENDAS:

Estar situadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

- Ser de titularidade privada e non estar suxeitas a ningún réxime de protección pública.

- Reunir as condicións adecuadas de habitabilidade e mantemento no momento de ofrecerse en alugamento.

- Estar vinculada o Programa durante un período mínimo de cinco anos cando a persoa propietaria ou usufrutuaria sexa unha persoa física ou sete anos, cando a persoa propietaria ou usufrutuaria sexa unha persoa xurídica.

- Non ter sido arrendadas durante os tres meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude da/s axudas/s. Este requisito poderá exceptuarse:

*Vivendas incorporadas na sección II (concellos colaboradores): cando por emerxencia social valorada servizos municipais, a vivenda xa estivera adxudicada a/s persoa/s arrendataria/s.

*Solicitudes de axudas de seguros e das axudas para a adecuación e reparación que xa conten con contrato de alugamento asinado: sempre que a solicitude se realice nun prazo máximo de quince días desde a sinatura do contrato. Neste suposto o prazo dos tres meses computaranse desde a data da sinatura do contrato.

- Non estar afectada por algunha circunstancia xurídica que impida o seu alugamento.

PRAZO SOLICITUDE: do 09/03/2026 ao 03/06/2026.

MÁIS INFORMACIÓN: https://igvs.xunta.gal/gl/axudas/programa-fogar-vivo-vi426f-e-vi426h

https://igvs.xunta.gal/sites/default/files/cadro-resumo-axudas-vi426-f-h.pdf